DOMINGO 1 de xullo. XIII do Tempo Ordinario


A PALABRA Mc 5, 21-43

Naquel tempo, pasando Xesús de novo nunha barca para a banda de enfronte, xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar. Nisto chegou un dos xefes da sinagoga, chamado Xairo, que, ao velo, botouse aos seus pés suplicándolle: «A miña filla está a piques de morrer; ven impor sobre ela as túas mans, para que sande, e viva.» E foise con el, seguido de moito xentío, que o estrullaba. Había unha muller, que padecía hemorraxias desde doce anos atrás, e levaba sufrido moito cos médicos, que lle acababan cos bens; total para nada, porque a cada paso ía a peor. Como oíra falar do que facía Xesús, achegouse entre a xente por detrás e tocoulle o seu vestido, dicindo para si: “Aínda que non sexa máis que tocarlle o seu vestido, ficarei sa”. E secándoselle a fonte da hemorraxia, sentiu no seu corpo que estaba curada. (…)

Boa nova_hemorroísa
https://commons.m.wikimedia.org/wiki/File:SDM-circle3.svg

 

A CLAVE: Érguete!

Carme Soto

Hoxe o relato evanxélico ten coma protagonistas a dúas mulleres que comparten unha experiencia de enfermidade que as oprime e as marxina da comunidade. O encontro con Xesús vainas liberar e integrar de forma nova, non só na sociedade, senón tamén na relixión.

Segundo as leis do Levítico as mulleres israelitas vivían a maior parte da súa vida en situación de impureza. O seu corpo, a súa sexualidade, os seus ciclos biolóxicos, os partos…, eran considerados como realidades contaminantes e contaminadas (Lv 15,19-25). Isto facía que as mulleres, desde a adolescencia á menopausia, se vían con frecuencia relegadas socialmente e en moitos momentos excluídas da relixión, e por tanto da relación con Deus por causa da súa impureza.

A muller que se achega a Xesús e lle toca o vestido, sabe que co seu xesto vai transmitirlle a súa impureza. Pero a súa fe, non só a capacidade terapéutica de Xesús, senón, sobre todo, na súa palabra liberadora e integradora, danlle a forza necesaria para transgredir publicamente as normas sociais e relixiosas. O mestre acolle o xesto da muller e dille publicamente: “a túa fe sandoute, vaite en paz, curada para sempre da túa doenza”.

Xesús pasa por enriba das fronteiras entre o puro e impuro que definen a súa sociedade para posibilitar a integración e a dignidade desta muller. Non ten medo aparecer publicamente impuro para mostrar como Deus non se deixa atrapar por os límites nos que moitas veces os seres humanos o queremos encerrar.

O ECO

Olga Álvarez

A hemorroísa tiña todas as desgrazas posibles: era muller no pobo xudeu (non contaba para nada, non tiñan dereitos, pertencía ao seu pai ou ao seu marido…), tiña a menstruación (era considerada impura, non podía entrar no templo…) e iso non uns días ao mes, senón sempre. Daquela pensaban que as doenzas eran castigos de Deus polos pecados propios ou dos pais, así que á pobre só lle faltaba que lle caese un raio na cabeza. E atención, Xesús para a falar con ela. E non só iso, senón que a cura e a libra desa condena. Seguro que rachou os esquemas de moita xente aquel día.

Os especialistas nos evanxeos opinan que os relatos coma este son dos máis cribles, precisamente porque a protagonista é muller, enferma e impura (aos ollos dos relixiosos de entón). Pero estaba entre as persoas preferidas por Xesús pola mesmas razóns. E se o pensamos, é unha grande nova para todos nós, que non somos perfectos nin o imos ser na vida, e por iso mesmo estamos nesa listaxe de preferidas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: