Política. Que sexa para ben


No Parlamento de Galicia, de mocións de censura sábese tanto ou máis que no Congreso español. De feito, nas dúas cámaras se presentaron catro mocións de censura, das que só triunfou unha: no Estado, a de Pedro Sánchez contra Mariano Rajoy; en Galicia, a de Fernando González Laxe  contra Xerardo Fernández Albor, xa no ano 1987. No Estado, a cuarta moción, foi á vencida pero, en Galicia á vencida foi a primeira. Por iso digo que deste asunto aquí sabemos tanto ou máis. En todo caso, entre o Estado, as comunidades autónomas e Ceuta e Melilla celebráronse 27 mocións de censura, das que foron aprobadas nove. Estamos, polo tanto, ante un medio democrático de acceso ao poder executivo que non é habitual, pero tampouco inusitado e que, como se ve, foi necesario na vida política española para asegurar que os gobernos conten sempre co apoio parlamentario mínimo imprescindible, que é o que garante a súa lexitimidade na representación democrática. Esta, creo que é a primeira consideración que hai que facer ante a reciente moción de censura que afastou ao PP e a Mariano Rajoy do Goberno de España.

O foco mediático nesta moción de censura púxose sobre o PNV, por considerar que a súa posición era a que podía rachar a tensión superficial para que a auga do vaso rematase derramándose, como así foi. Porén, o que realmente  encheu o vaso, facilitando así a eficacia da gota do PNV, foron os apoios previos e incondicionados de Podemos, co maior número de votos, e dos nacionalistas cataláns, que deixaron sen unha decente coartada ao PNV apara apoiar a Mariano Rajoy, a pesar de que viñan de pactar con el os orzamentos hai dous días. A unidade da esquerda, pois, foi capital no triunfo da moción e eu creo que esta é outra consideración que cómpre facer.

Cabe constatar, así mesmo, que mentres  os principais medios de comunicación do país, fundamentalmente os de papel ou, por mellor dicir, o entramado dos poderes mediáticos máis importantes, se mostraron activamente contrarios á moción de censura e ao relevo da dereita do Goberno, parece que a presión cívica e a reacción dos cidadáns ante a corrupción e ante a precariedade, as desigualdades  e o desamparo social empuxaron eficazmente á maioría dos deputados a promover un cambio rexenerador. Sen esta presión social, podemos estar seguros que o relevo non sPolíticae tería producido, porque é moita a forza que se precisa para facer saltar os remaches do poder. E dun poder corrompido, máis.

Ogallá sexa para ben.

Carlos Vázquez G.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s