O peto común. Obesidade infantil


 

Hai un dato que debería preocuparnos moito como sociedade, é o da alimentación. Os datos da OMS din que 1 de cada 5 dos nosos nenos teñen obesidade. O mesmo ocorre en países como Italia, Chipre, Grecia, Malta ou San Marino. Con todo, en lugares como Francia, Noruega, Irlanda, Letonia e Dinamarca, este problema afecta entre o 5 e o 9 % dos nenos. As diferenzas entre uns e outros sinalan os hábitos, mais cómpre subliñar algunhas iniciativas de combate adoitadas nalgúns lugares.

Ámsterdan: na capital dos Países Baixos, foi o propio goberno o que en 2012 colleu o touro polos cornos implicando pais, colexios, mestres, médicos… Hoxe o descenso da obesidade e do sobrepeso é dun 12%. O programa consistiu en medidas tan sinxelas como complexas á hora de executar. A maior parte do orzamento destinouse ás escolas: os nenos só poden levar auga ou leite ás aulas, os doces industriais están prohibidos, só se permiten os doces caseiros e froita, concienciouse da importancia de durmir as horas necesarias, teñen clases de alimentación saudable e foméntase levar os cativos en bicicleta (imaxinamos que isto non é difícil en Ámsterdan). A maiores, a propia cidade tamén prohibiu os anuncios de comida rápida e refrescos cun alto índice de azucre. Hai que engadir que os datos máis preocupantes concentrábanse nas zonas máis pobres.

En  Holbaek, Dinamarca, un doctor danés, Jens Christian Holm, tamén levou adiante un proxecto similar tendo en conta outros elementos: os nenos hoxe “descóidanse porque pasan moito tempo sós e non participan en actividades. Fáltalles autoestima”. Partindo disto, trátase de crear un ambiente diferente e cada neno ten un programa específico. Un dos obxectivos foi reducir o tempo diante das pantallas: algúns pasaban ata 12 horas ao día diante delas. O 70 % dos pacientes baixaron peso durante 4 anos. Agora este programa séguese xa en máis municipios daneses.Peto

Aquí tamén hai xente sensibilizada co tema, escolas, colectivos, grupos de pais, pediatras… combativos e emprendendo iniciativas saudábeis, máis todos os esforzos son pouco mentres as cifras seguen a amosar datos moi preocupantes.  

Josecho de la Torre

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: