RUMORES


 

Estamos no final de curso e, coma os estudantes, nos últimos días hai moitas cousas que pechar. No mundo das parroquias son datas importantes: que se as festas patronais, que se o Corpus, que se as primeiras comuñóns, confirmacións… Sigo percibindo que cada vez se celebran estas festas de maneira máis consciente e non só por ter feito o sacramento sen máis. Cada vez hai máis nenos e nenas, mozos e mozas que non pasan polos sacramentos porque non lles din nada. Xa que logo, os que pasan será porque lles din algo. No tempo que colaboraba moi activamente na miña parroquia teño o recordo dalgunha noite facendo alfombras no Corpus. Era unha historia moi divertida onde se xuntaba todo a parroquia para facer algo en conxunto, algo efémero e fermoso. Que ben sabía o café compartido nesa noite. Oxalá tomemos nota do bo que é facer equipo nas nosas comunidades.

Rumores

Hoxe tamén traio aquí a nova do heroe africano Mamoudou Gassama. Seguro que vistes as imaxes. Este rapaz gabeou un edificio para rescatar un neno en Francia. Un deses malditos indocumentados que crean tanta inseguridade e rouban traballos e todo o que poden. Supoño que un exemplo de heroicidade nestas comunidades que tanto precisan novas noticias. Polo visto, en Francia vanllo agradecer con varios títulos. A nacionalidade francesa, un traballo de bombeiro… Grazas, Mamoudou. Grazas comunidades abertas e divertidas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: