A peneira


Desde o 24 de xuño as mulleres de ARABIA SAUDÍ poderán conducir; era o único país do mundo que non o permitía. Arabia segue a ser un dos estados con maior desigualdade de xénero. Baste cunha cifra: o 80% das sauditas que Noticia 1remata unha carreira universitaria non atopa, despois, un posto de traballo.

A VI Foliada das Artes propón NON MUNDO, un proxecto expositivo que se pode visitar desde o 9 de xuño ata o 1 de setembro no Pazo de Sabadelle (Chantada). O obxectivo da mostra é compartir a diversidade de propostas multidisciplinares dNoticia 2 (1)e oito artistas visuais nun espazo alternativo rodeado de natureza.

Do 14 ao 16 de xuño, nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña, e co lema Dereito a refuxio por cambio climático, ACAMPA organiza 3 días de acampada solidaria, encontros e debates, información, fotografía e documentais, música e obradoiros, expresións artísticas, poesía, aNoticia 3 (1)ctividades infantís, visitas guiadas e moito máis…

Coa chegada do bo tempo, volven os CICLISTAS ás estradas. En Galicia o deporte do pedal é o terceiro con máis clubs federados (por riba dos 200), só superado polo fútbol e a caza. Porén, nos últimos dez anos o número de accidentes con ciclistas involucrados aumentou en España un 185%, boa parte deles nas estradas secundarias, das que na nosa terra hai 15 000 quilómetros.Noticia 4 (1)

Galicia tenta recuperar o sector da RESINA de piñeiro. O ano pasado había 30 000 árbores en produción e este ano, segundo a Asociación de Resineiros de Galicia, agardan abrir entre 50 000 e 60 000 máis. Cada árbore produce ao redor de tres quilos e calcúlase que 4 000 ou 5 000 árbores poden dar para vivir a unha familia. A resinación contribúe, tamén, á diminución dos incendios forestais.Noticia 5

O 23 de xuño renderáselle unha homenaxe a Luis Trigo Chao, o GARDARRÍOS, sindicalista da UXT e guerrilleiro antifranquista asasinado no ano 1948. Celebrarase unha mesa redonda en Mondoñedo e inaugurarase un monolito en Vilanova de Lourenzá, que quere tamén ser lembranza dos centos de persoas que colaboraron co Gardarríos na guerrilla.Noticia 6

17 000 persoas agardan en Galicia a que lles sexa valorada a súa DISCAPACIDADE. O tempo de espera dobra o prazo legal establecido (tres meses) e chega, nalgúns lugares como Pontevedra, a demorarse ata tres anos. O persoal da Unidade de valoración desta cidade está realizando concentracións para reclamar que se cubran as xubilacións e se dote a unidade de máis persoal.Noticia 7

A SARDIÑA é a protagonista do san Xoán, porén os investigadores do Instituto Español de Oceanografía de Vigo veñen constatando unha caída da poboación de sardiñas no banco portugués, que é de onde procede a que se pesca nas costas galegas, e unha falta de relevo xeracional. A campaña iniciouse hai mes e medio, pero os barcos están tendo ificultades cara completar o tope semanal dunha tonelada.Noticia 8

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: