O trasno


Símbolos, sinais, mensaxes non escritas

Tocaría, se cadra, enlearnos co asunto da casa dos líderes de Podemos, que son parella e van ter fillos, o que está moi ben, e precisan casa, pois claro, e que decidiron hipotecarse. Tocaría falar desa hipoteca a 30 anos cunha mensualidade imposible para os seus votantes e militantes e, tal como o sentido común e o habitual criterio bancario indican, nunhas condicións moi favorables para persoas con contratos precarios e que non queren ser profesionais da política, senón servir ás xentes do común por un tempo taxado e sen nada que condicione nin hipoteque a súa liberdade. Tocaría falar do dereito á privacidade e á vivenda. E tamén o de escoller onde educar os fillos. E tocaría falar de que é “clase media” e cantos metros cadrados ten a piscina media da clase media con piscina.

Pero non. Hoxe non imos falar diso, senón de símbolos, de sinais e de mensaxes implícitas, que é un tema totalmente distinto. É dicir, hoxe imos falar da voda real entre Henry de Inglaterra e Meghan Markle, unha rapaza americana, das ex colonias, filla dunha negra, quero dicir, dunha afroamericana, e neta dunha escrava. Un príncipe que casa cunha actriz, pero na que é ela a que pon condicións no ritual. Porque os símbolos falan de cousas, e non son inocentes. Por iso a esta muller feminista non a “entrega” ninguén, senón que a acompañan; por iso non xura obediencia, senón que comprometen lealdade de igual a igual.

E por iso, porque as cousas falan, e os ritos e os símbolos máis, houbo, por primeira vez na historia un celebrante de cor nunha voda real e sobre todo, un marabilloso coro de gospel, en orixe música negra de escravos, que cantou unha emocionante versión de Stand by me  -“cando chega a noite e a terra é escura… nada temerei en tanto permaneces cabo de min”.the-kingdom-choir-1526731337

Resulta sorprendente todo iso nunha monarquía pola que ninguén daba un penique quince anos atrás. E hai quen di que esa voda na que se rompen simbolicamente tantas barreiras e prexuízos raciais e de clase pode marcar un antes e un despois nunha institución con cheiro medieval. A forza dos símbolos. Manda truco.

Pois iso, que afortunadamente libramos de falar dese outro asunto de Galapagar, e de se simboliza algo ou non, de se é a fin do principio ou o comezo do precipicio. Total, sonche cousas que pasan en Madrid, que está, en tempo de viaxe, case tan lonxe como Buckingham Palace.

Daniel López Muñoz

Advertisements

One thought on “O trasno

Add yours

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: