O fachineiro


Censura

Anda o fachineiro preocupado pola súa presidencia. Resulta que foi elixido por aclamación popular (da boa) para gobernar a comunidade de veciños e veciñas, que con orgullo e satisfacción apoiaron un segundo mandato. Pero mediada a lexislatura temo que -como non teño twitter- o xuíz Llarena utilice esta e outras columnas publicadas nesta irreverente revista para me acusar de ser un presidente supremacista e xenófobo. E vistas as cousas que din os tres tenores do patriotismo ehpañol (Eme Punto Rajoy, Rivera e Sánchez)  acerca de tomar o control dos medios de comunicación públicos de Cataluña no próximo 155 teño que poñer as barbas a remollo. Xustamente por esa mesma mordaza piaba un catedrático de dereito hai uns días en El País, o mellor xornal de dereitas, como lles dixo un meu amigo no correo no que lles solicitou a baixa da subscrición. Dende logo han saber facelo ben, porque ata andan eurodiputadas suecas pedindo contas ao goberno pola censura en TVE. foto fachineiroHai que lembrar que o primeiro que fixo o PP foi botarlle a gadoupa á tele e á radio públicas. Experiencia teñen abondo. Se buscamos a palabra control de medios na wikipedia, aparece  “TVG”. Para que saíse a foto de Feijoo co narco no iate tivo que amosala un espontáneo por detrás dun entrevistador.

A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: