Rumores


Hai uns días celebramos (aínda que pasase desapercibido) o Día dos Museos. Resulta que en Galicia hai 84 casas das musas (esa é a súa orixe etimolóxica) espalladas polo país. Hainos de todo tipo e condición. Desde museos máis clásicos, pero moi interesantes, coma o de Pontevedra, o etnográfico de Vigo ou o Museo do Pobo Galego. Hai tamén museos catedralicios, coma o de Santiago, Mondoñedo, Tui… Hainos temáticos: o Pedagóxico de Santiago, o Naval de Ferrol, o de Sargadelos. Hainos dedicados a unha persoa, coma o de Valle Inclán, Otero Pedraio, Rosalía… Hainos alimenticios, coma o do queixo ou o do mel. De seguro que entre as teclas do meu ordenador quedan moitos moi importantes.

Penso que a posibilidade de observar todo o patrimonio cultural que posuímos é unha sorte que temos. Achégase o verán e, se cadra, habería que pensar en facer un roteiro de museos. Non dan os días de vacacións para velos todos. Se cadra, escoller tres ou catro descoñecidos para ir abrindo boca… Podemos propoñelo de cara a un par de anos e facelos todos… Somos moi ricos en patrimonio común e deberiamos aproveitalo.Rumores

E, para rematar, unha reflexión. Tempo de confirmacións e primeiras comuñóns. Moito que celebrar e compartir. Sexamos consecuentes co que dicimos celebrar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s