A Peneira


Chegou o tempo das CEREIXAS. A Ribeira Sacra en xeral e a zona de Quiroga en particular son dos lugares con meirande produción, arredor de 50 toneladas. No caso de Quiroga, debido ao seu microclima, dáse unha cereixa que xa se comercializa este mes, moi ao comezo da tempada. Iso fai que se venda a prezos moi competitivos. Os días 2 e 3 celébrase en San Clodio a Festa da Cereixa, que xa vai pola XVI edición.

O deporte femenino galego está en alza. Pero a prensa mira para o outro lado.  As xogadoras da selección galega de RUGBY FEMININO, que acaban de gañar o campionato de España, tomárono con retranca. E xa que a prensa non mirou para elas, son elas as que prepararon o seu propio número especial de La Voz de Galicia.  Efectivamente “combater os valores femininos non é tan simple”.

 Nace XERACIÓN ÑU, unha interesante iniciativa para dar a coñecer o mundo da cultura libre galega, con temas relacionados co software libre e os contidos creados baixo a licenza Creative Commons. Conta cunha versión dixital en texto e outra en formato audio. Podedes acceder a ela a través de: https://xeracion-gnu.gitbook.io/xeracion-gnu-00/

Boas novas para as ABELLAS e para os apicultores galegos e europeos. Tras sete anos de loita e máis de 5 millóns de sinaturas, a campaña “Salvemos as abellas” acaba de conseguir unha prohibición total dos pesticidas que matan as abellas nos 28 países que forman a Unión Europea. Agora queda darlle duro á velutina. En Galicia xa pasamos das 160.000 colmeas e o consello regulador certifica anualmente máis de 600 toneladas.

 Máis de 20 panaderías en Carral lémbrannos que estamos nun concello “panadeiro” en calidade e cantidade, que os días 12 e 13 de maio, celebra a XV  FESTA DO PAN de Carral. Os seus moletes e bólas elaborados principalmente con trigo país – e amasados e levedados de forma tradicional- expórtanse non só a cidades galegas senón a Madrid e Barcelona. Tamén ben coñecidos son os de Cea, Ousá ou a Ponte. E na USC hai unha cátedra do Pan e do Cereal.Foto peneira 5

Os veciños da Plataforma de Galeras organizan unha homenaxe a Pepe Chao na biblioteca Ánxel Casal de Compostela. Participarán ademais organizacións varias como Irimia, Encrucillada, Fundación Penzol, Fundación Castelao, Fundación Alexandre Bóveda, Irmandade Avelino Pousa Antelo, Irmandade Manuel María da Terra Chá, Plataforma de Veciños Casco Histórico e Asociación Terra de Outes. Moderará a mesa Daniel López Muñoz e contará coa música de Mero e unha selección audiovisual de Luís Gómez Aldegunde.

Con cotas moi recortadas e estritas abriuse por fin a veda da SARDIÑA. Esta especie, fundamental na cadea alimenticia do noso mar (comen fitoplancto microscópico que no seu corpo se converte en proteína de primeira calidade), está seriamente ameazada. Haberá sardiña polo san Xoán, que é cando molla o pan, pero hai que coidar esa marabilla. Son, logo, malos tempos, e tocan 2.800 Kg. para trescentos barcos galegos. Non vai ir barata.

A cultura tfoto Peneira 8 (1)radicional a carón das beiras dos ríos e fontes é o que tratan de recuperar ANXO MOURE e Servando Barreiro no volume A música da auga. Trátase dun libro-CD editado pola 2Teixos e no que se recollen contos e cantos arredor do ciclo da auga e da súa mitoloxía.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: