O Fachineiro


Mulleres bravas

A editorial Urco ten unha colección infantil co título de Mulleres bravas no que pretenden dar a coñecer figuras femininas importantes da nosa historia e contribuír a que as nenas se decaten de que poden aspirar ao que queiran. Comezaron con Rosalía, e tamén editaron o de María Victoria Moreno.

Pero hai moitas mulleres que levan a súa bravura por Galicia adiante acotío. Chamou a atención do fachineiro o caso de Sabela, unha rapaza de 16 anos, boa atleta, que participou na carreira popular do Pino hai un par de semanas. Quedou segunda na súa categoría, pero non puido recibir o premio porque foi descualificada. A razón? Correu cunha camiseta na que se podía ler un slogan contrario á mina que queren reabrir e explotar entre os concellos do Pino e Touro. Afirma un activista  que cando empezaron as mobilizacións, os que protestaban viñan de fóra, e eran observados desde o vermú que tomaban no bar os de alí. Agora xa son moitos e moitas máis os concNON_Mina Touro-O Pinoienciados de que a multinacional suíza que está trala mina de cobre vai traer pan para uns poucos hoxe e fame para moito tempo mañá. O rural está tan desesperado que pode disparar un tiro no pé que lle queda. Por iso é de agradecer o xesto de Sabela. “É o que sinto no meu corazón e non vou cambiar, dixo”. Amén.

A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: