Editorial


A manda dos machos e os xuíces axuizados

A recente sentencia contra a infame “manada” provocou unha xusta e indignada reacción. Como é posible que a xustiza española sexa tan comprensiva cos perpetradores de semellante animalidade -con permiso dos animais-, tanto que non só encheu as rúas de protesta, senón que mesmo mereceu un reproche das Nacións Unidas?

Nos feitos xulgados hai moitos elementos que xa foron obxecto de análise, desde diversos puntos de vista. Queremos achegar algún elemento para o debate.

O primeiro é unha cuestión básica, un desafío. Ese tipo de individuo, ese machismo organizado, tan “natural”, non nos cuestiona radicalmente como sociedade? Onde se nutren -e con que alimentos- as mentes e os corazóns de homes que son quen de organizar semellante cacería e levar o seu plan a efecto, até o final, sen o máis mínimo asomo de respecto, ou quizais, vergonza, ou quizais empatía? Onde se educaron? En que melloramos como corpo social neste anos de democracia? Hai menos machismo criminal ou non? Hai, alén de tópicos, posturas e imposturas, menos machismo cultural ou máis ben o contrario?

Outro aspecto relevante é o da actuación xudicial. Ou, para sermos xustos cos que imparten xustiza,  a preguiza, ineficacia e irresponsabilidade dos lexisladores, das Cortes xerais. Deixando á parte o xuíz do voto particular -descualificado sorprendentemente polo ministro de xustiza-, a medida que se le e profundiza na sentenza descóbrese que o problema de fondo está nun código penal que roza o absurdo, feito para escurecer a tipificación do delito de violación, máis que para clarificalo con decisión. Non se pode a estas alturas, nun contexto social de pervivencia do machismo criminal, fiar tan fino e deixar tanta marxe á interpretación: Cando hai violencia? Só cando hai agresión física, como di a xurisprudencia do Supremo? Máis aínda, cando hai intimidación?  Que é iso do “constrinximento psicolóxico”; como se mide o nivel de “ameaza ou anuncio dun mal grave, futuro e verosímil?”. Que tipo de “ameazómetro” teñen os xuíces?

Non se pode deixar tanto espazo á interpretación subxectiva. Hai situacións obxectivamente ameazantes e violentas. Os deputados e, máis aínda, as deputadas, teñen que facer os seus deberes: leis boas e útiles. E deberían.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: