Ás furtadelas: Sen a lingua, non hai estrutura de país


manuel cabada4
Pé de foto: Manuel Cabada, acompañado de Bieito Ledo (editor) e Benito Santos presentou o seu último libro  Galicia, raíces e compromiso

O filósofo e teólogo Manuel Cabada Castro, oriúndo de Sabucedo, A Estrada, exerceu durante corenta anos como profesor de Metafísica e Antropoloxía filosófica nas universidades Pontifica de Comiñas e Complutense de Madrid, respectivamente. Ao longo destes anos de actuación académica, o seu centro de interese foi desprazándose progresivamente da Metafísica aos estudos históricos, antropolóxicos e culturais sobre Galicia, e especialmente sobre a lingua galega.

 Froito deste interese sincero, xorde este «estudo sintético sobre Galicia», que en palabras do propio autor, apóiase en estudos concretos e datos analíticos que mostran Galicia na súa dimensión de país, despois de que sexa un  territorio posuidor dos tres puntais que determinan iso que veu en chamarse un Nación: unha cultura –no sentido antropolóxico de maneira particular e específica de pensar e de entender o mundo–, un país –no sentido dunha particularidade política e unha organización social concreta– e unha lingua –como elemento vehicular e vertebrador sen o que non existiría ningún soporte para as estruturas de país.

Manuel Cabada interpélase sobre as causas polas que, aínda existindo os tres eixos nacionais, Galicia non acaba de materializarse nun país para todos os efectos. Así mesmo, mostra a súa preocupación pola pervivencia da lingua galega e sinala o risco de que esta desapareza como consecuencia da interrupción da súa transmisión nas familias. «Se falla a transmisión familiar, a lingua desaparecerá coa desaparición dos nosos maiores» –dinos o profesor Cabada–. Todo isto lévalle a reflexionar sobre que papel veu desempeñando historicamente a escola na transmisión da lingua e ata que punto puidese, voluntaria ou involuntaria, continuar transmitindo antigos estereotipos que historicamente vincularon a lingua galega co mundo rural, en contraposición coa lingua castelá, que se relacionou máis cos usos urbanos.

Artigo publicado en: http://www.dendealimia.com/articulo/novas/lingua-non-hai-estrutura-pais/20180303181449012151.html

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: