A viradeira


“Espazos de traballo colaborativo para o sacrificio das aves e coellos: Unha contribución á sustentabilidade das pequenas explotacións agrogandeiras”

xornada sustentabilidade pequenas explotacions.jpg

CONCLUSIÓNS DA XORNADA

Unha xornada oportuna e necesaria

Celebrouse o día 12 de abril no Pazo de Mariñan, en xornada de mañá e tarde. Asistiron unhas sesenta persoas entre produtores e produtoras; persoas e entidades consumidoras, públicas e privadas; persoal técnico de diferentes Administracións e xente a título individual – profesional.

Propúxose por parte da Deputación de A Coruña e do Concello de Brión, entidades promotoras da xornada, facer unha reflexión acerca das limitacións que as pequenas explotacións de produción artesanal de aves e coellos atopan para, de xeito individual:

  • asumir o sacrificio e faenado das carnes en condicións legais
  • asumir a comercialización dos productos cárnicos
  • asumir os custos derivados da aplicación dunha lexislación cada vez mais esixente
  • aproveitar as oportunidades da demanda no mercado das producións caseñas e artesanais como exemplo de economía circular.

 

As razóns e a oportunidade do tema

Ao longo da mañan tuveron lugar diferentes exposicións

  • onde se presentou por parte do concello de Brión e da Deputación de A Coruña o interese por promover e financiar espazos colaborativos no medio rural, a aposta polo emprego baseado nas oportunidades das pequenas explotacións para xenerar economía circular e ofertar á sociedade productos e servizos de calidade.
  • onde se contextualizou a situación actual da produción e comercialización de aves e coellos das explotacións artesanais  galegas
  • onde se coñeceron outras experiencias de espazos alternativos para sacrificio animal  a pequena escala de
    • Nafarroa e Euskadi
    • Palencia
    • Catalunya
    • Francia
  • onde técnicos das Consellerías de Medio Rural,  da Consellería de Sanidade e da Axencia de Salut Pública de Catalunya puxeron enriba da mesa o marco legal actual

Ao longo da tarde realizouse un traballo entre todas as persoas asistentes cos seguintes obxetivos:

  • coñecernos
  • nomear a aquelas persoas ou entidades non puderon estar presentes
  • mapear as comarcas da provincia da Coruña ou doutras provincias nas que hai persoas ou colectivos interesados no proxecto colaborativo dun matadoiro móbil de aves e coellos

 

Reflexións e propostas

  1. Constituir unha rede para apoio mútuo, desde diferentes ámbitos, a este tipo de proxectos piloto e colaborativos. “Estamos para colaborar e construir, para atopar solucións a problemas reais”
  2. Apostar polas múltiples potencialidades do noso territorio: “ Temos que apoiar estas iniciativas e non deixalas arrefriar.”
  3. Dar a coñecer as canles para levar a cabo, asesorar e financiar este tipo de proxectos.
  4. A autoxestión colaborativa destes espazos é fundamental “O traballo asociativo da moito que facer pero hai que facelo”.
  5. Os concellos cumpren funcións fundamentais: “Corresponde a este primeiro chanzo da administración facer o papel de “facilitador” entre o produtor e a administración competente.”
  6. ”Hai que agrupar, homoxeneizar de algún xeito a produción. É moito mais doado a negociación, a relación, con un interlocutor que con varios”.
  7. Coñecer e valorar as adaptacións á normativa que garante a saúde para o consumo: ”Hai normativa, que adaptada e con garantías, permite o funcionamento”
  8. Facer un estudo serio de potenciais consumidores, de canles de comercialización.
  9. Estudar o novo marco normativo que se abre co Real Decreto  en preparación ”A normativa de garantía da calidade alimentaria, que está para saír, pode abrir moitas oportunidades.”
  10. É necesario, pode ser posible: ”Hai que buscar o encaixe, temos que aplicar o principio de flexibilidade na aplicación das normas.”
  11. “Existe un marco normativo a cumprir pero pódese dialogar”
  12. Hai que asociarse sen perder a participación :  “É mais doado para a administración tratar con un interlocutor que con 700”.
  13. O interese deste proxecto é que xorde de abaixo, da produción. “Os grupos de consumo responsable e as persoas consumidoras a título individual demandamos cada vez mais este tipo de produto, buscamos a sustentabilidade das explotacións, o coidado ambiental e a saúde..”
  14. ”Os comedores colectivos, públicos e privados, nomeadamente comedores escolares, estamos cada vez mais convencidos de que este é o tipo de produtos que queremos que haxa na mesa dos nosos fillos e fillas.  Sabemos que a xente que nos fornece de froitas e verduras quere ofrecernos carne de ave e coello e queremos poñelas tamén nos nosos menús.”
  15. “As persoas que nos adicamos á restauración escoitamos aos nosos clientes pedirnos información sobre os produtos que servimos, queren saber mais sobre a procedencia do que comen. Por outra banda recibimos nos nosos locais produtos moi, moi bos, pero non podemos servilos porque non teñen garantía legal sanitaria”.
  16. É moi importante arrouparse: ”Xornadas coma estas son  importantes porque ás veces as produtoras poñémonos trabas a nós mesmas e saber que outras puideron anímate a seguir para adiante”.
  17. O efecto contaxio é necesario e hai que empezar por algún lado.
  18. A situación de ilegalidade e inseguridade das pequenas producións ten que solventarse para fixar poboación no rural.
  19. Hai ilusión e ganas, hai que coordinarse para pasar das ganas aos feitos: “O mais  importante é que os políticos se impliquen, crean en nós, no que facemos porque o facemos ben. Se queren un rural vivo teñen que axudarnos a quedar nel.”
  20. Temos un potencial e unha diversidade enorme para xerar economía sostible no rural galego, hai que aproveitalo e facer que chegue ás mesas.
  21. Os saberes e a cultura propia son outra das nosas fortalezas: “Hai razas en perigo de extinción , xeitos tradicionais de criar e alimentar, cultivar , transformar… ”.
  22. O benestar animal é importante.
  23. Hai que valorar a viabilidade económica: “Os espazos de traballo comunitarios son moitas veces a solución xa que un só non pode facer fronte a tantos gastos”.
  24. Este proxecto ten sentido se se enfoca para a venda directa: “A venda directa permite ver rapidamente se a produción obtén a satisfacción da persoa compradora, e como pode mellorar, se hai que mellorar.”
  25. As persoas que teñen pequenas producións non teñen porque querer ser grandes; poden sendo pequenos ofertar grandes produtos.

 

Información remitida por Carme Freire Cruces do equipo promotor desta e doutras moitas iniciativas.

Canquera persoa interesada pode contactar co equipo promotor desta iniciativa neste correo electrónico: arrexo4@gmail.com

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: