Rumores literarios


978848288746-324x324Un libro de filosofía para adolescentes. Esa podería ser unha definición de Anagnórise. Unha das obras de María Victoria Moreno a quen lle dedicamos o Día das Letras. Sen dúbida a escolla desta mestra de instituto en Pontevedra é moi merecida. Naceu en Cáceres e fixo da lingua galega o centro da súa gran produción literaria.

Chegou a min este libro cando buscaba literatura para a rapazada á que ía dar clase de galego hai xa vinte anos. Lino e enganchoume. Durante os quince anos que dei galego en terceiro de ESO foi unha das lecturas obrigatorias. Pareceume que contiña todo o que un libro para mozos e mozas na idade do pavo debe contar. Fala de feminismo, de drogas, de amizade, de amor… sen moralizar pero dando as claves necesarias para saber como enfrontar estes temas. Nicolau, un rapaz que foxe de todo fai autostop e ao que recolle Xulia. Ao longo da viaxe falan coma se fose un diálogo platónico e van atopando diferentes situacións coas que Nicolau responde as preguntas que xorden no seu ser adolescente.

Alédome moito desta escolla. Unha autora que centrou a súa produción literaria na infancia e a mocidade. Con ela faise un pequeno recoñecemento a todos aqueles que fan literatura infantil e xuvenil da boa. Ademais de xeito indirecto tamén recoñece a todos os mestres e mestras que tratan de motivar a lectura da rapazada nos institutos e colexios.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: