A peneira


Noticia 1A Deputación da Coruña convoca a colectivos e axentes culturais a presentare iniciativas e experiencias, o 25 de abril, no Pazo de Mariñán, en Bergondo, coa teima: “A Cultura é un dereito”, animando a construír sociedade desde a cultura.

Noticia 2O 14, DÍA DAS ARTES GALEGAS, lembramos o arquitecto Alejandro de la Sota, creador do Pavillón de Deportes de Pontevedra, o seu berce (1913), onde cómpre unha visita ao Café Moderno, espazo no que coñeceu a Castelao, ao que considerou o seu mestre.

Noticia 3O 12 de maio ten lugar a Asemblea Xeral de socias/os da BANCA ÉTICA no Pazo de Congresos de Granada. Mentres, está a facerse a campaña “Fóra Paraísos Fiscais”, xa que o 72% das fraudes fiscais son das grandes empresas e fortunas a través deses buratos que son os paraísos fiscais.

Noticia 4REGADUXA, Memoria Histórica de Vilaboa-Pontevedra, abre o 21 o Bosque da memoria, lembrando os presos do cuartel de Figueirido e aos solidarios con eles, ás 12:00 h, na entrada da prisión que dá á estrada entre Figueirido e o Lago de Castiñeiras.

Noticia 5Mentres a MOCIDADE segue a emigrar, en sete anos pecharon 5 000 granxas de produción leiteira, moitas delas por falta de relevo xeracional, nun sector escuro pola falta de apoio na busca de terreos para producir alimentos propios. Supón un 1,8 % do PIB, máis ca o forestal e o téxtil…

En menos de 15 días apareceron 4 persoas maiores que finaron soas na provincia de Lugo. A SOIDADE é a compañeira de milleiros de galegas e galegos. No 2016 Noticia 6perdemos 10000 veciñas/os volvemos á poboación de hai 50 anos.

O 5, Castro de Rei celebra a XOSÉ MANUEL CARBALLO como guieiro da veciñanza, bautizando a casa da cultura ao pé do Azúmara co seu noNoticia 7me, coma ese vagalume que aluma na contorna ao xeito da luz das noites estreladas.

Mentres o PP impide no Parlamento anular as sentencias da época franquista, solicitada polo BNG, co apoio de toda a oposición, o pobo celebra a memoria destas vítimas; así, en Ferrolterra, na Praza da Revolta de Cedeira, na Árbore de Guernika en Narón, no Ateneo.Noticia 8

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s