Rumores


Veño de estar nunha competición da miña filla. Agora, entre as actividades que fai, está a de iudo. Leva un aniño con ela e a verdade é que está encantada e nós pasamos un bo momento vendo nenos e nenas de seis e sete anos facendo chaves iudokas. Desta competición quitei en limpo unhas cantas cousas:

En primeiro lugar, coido que a miña filla non será un prodixio nesta arte marcial. Non se lle dá mal, pero tampouco estará no podio dos Xogos Olímpicos de aquí a quince ou vinte anos. O conto é que ela pásao ben e aprende moitas cousas, como unha orde, disciplina, respecto, igualdade, como gañar, como perder… Nenos e nenas xuntos sen distincións, compartindo unha boa mañá. Iso é bo.

Rumores.png

En segundo lugar, destacaría o bo ambiente entre todos os pais e nais que estabamos alí. Non había entre nós competitividade nin nos preocupaba que os nosos pícaros fosen os mellores. Ao revés, somos conscientes de que o esencial é que aprendan e gocen dun deporte minoritario, pero que lle pode dar moitas cousas boas.

En terceiro lugar, estou abraiado co bo facer da xente que bota tempo e gañas a educar a través do deporte. Que trata de compartir os valores auténticos dos deportes nos que gañar non é o máis importante e nos que participar implica sacrificio, loita e diversión. Son educadores esenciais na nosa sociedade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s