Rumores de esperanza: Monseñor Romero


Lembro que na miña adolescencia houbo unha película que me marcou. Trátase da vida de Monseñor Romero. Toda unha historia de amor e entrega dun bispo ao seu pobo. Todo un exemplo de denuncia e compromiso cos máis pobres, coa verdade e coa xustiza.

Para min, ver esa película supuxo un achegamento a unha realidade totalmente descoñecida ata ese momento para min. A da Igrexa do compromiso. De súpeto, os mártires pasaron de ser eses que morrían comidos por un león nas películas de romanos a xente contemporánea que tiña algo máis que moita fe en Deus.

Imaxe Rumores

Por iso alégrome moito de que este Papa subise o último chanzo para a súa canonización. Para boa parte do pobo de América xa era santo desde moitos anos antes da súa violenta morte. Porén, o xesto de canonizalo con todas as honras supón tamén dar validez a todos os niveis de Igrexa. Tamén para esa Igrexa na que moitas veces nos movemos, chea de

 complicidade co poder inxusto. Agora a ver se tamén se colle ese camiño para Ellacuría e todos os compañeiros da UCA. Porque, en palabras de San Óscar Romero de América, “Se me matan resucitarei no meu pobo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s