O fachineiro do teatro


Elisa e Marcela

Este fachineiro é moi escufinido no tocante ao pan, e non lle vale calquera sucedáneo precocido, ás veces a centos de quilómetros no punto de venda. Gusta, en troques, do que amasan na Panadaría, unha compañía de teatro integrada por tres rapazas que acaba de ser merecidamente recoñecida nos premios María Casares. A obra, Elisa e Marcela, leva por título o nome das dúas mestras coruñesas que no ano 1901 formalizaron, pola igrexa, o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo do que se ten noticia por estas terras.

Foto Fachineiro

Para que esta incrible historia de amor chegase ata ese punto, Marcela tivo que facerse pasar por Mario, tomando o nome dun curmán seu morto, e así foi como o cura as casou vai facer agora 117 anos. A vida non lles foi doada e tiveron que loitar contra a oposición familiar, a dos veciños e, finalmente, foron excomungadas e declaradas en busca e captura. Tiveron que fuxir da garda civil, primeiro a Portugal e despois disque a Arxentina. Con este material as tres actrices fan, sen máis medios ca as luces unha tea e os seus corpos, unha delicada recreación que mete a audiencia nun carrusel emocional de drama e humor e reivindicación feminista. Parece que Isabel Coixet vai rodar un filme sobre o matrimonio. Dubido que supere a versión teatral.

A.Q.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s