O trasno


Control remoto

Unha potente consultora, utilizando un hábil cuestionario “para uso académico”, controlou os hábitos, opinións e condutas de 50 millóns de usuarios de Facebook. E sospéitase que, a partir diso, “influíu” na elección de Trump e disque no referendo do Brexit. Vaia.

Vén de vello. Sandy Parakilas, experto de Facebook en 2012, di que a inxente cantidade de datos privados que deixaban en poder das empresas non se controlaba, nin tampouco o seu uso. E recordou que a xente “ou non le, ou non entende” as cláusulas de privacidade.

Non hai control sobre quen nos observa. É mentira que Facebook sexa coma un patio ou unha taberna, unha xuntanza de amigos. Non, non é exactamente un inocente espazo en rede de diversión e intercambio.

O acerto incrible de Facebook foi que, ademais de ser unha rede social, soubo dar “no cravo”, alimentar unha paixón reprimida: a do exhibicionismo. Foi a rebelión dos “anónimos”, das que nunca tiñan espazo nos media, dos que se sentían amolados por unha vida “normal”. Hai xente que se abre en canal.

“Privacidade? Para que? De discreción estamos fartos! Queremos isto para expoñernos en público”. Ben, quizais non tanto para expoñer o que somos, senón o que nos encantarían que os outros pensasen que somos.

Nada é gratis na internet. O invento de Mark Zuckerber, superrico entre os ricos, deixa escapar os nosos valiosos datos, gustos e amizades.

No xornalismo respóndese polo que se di. Claro que hai manipulacións, nesgo, parcialidade, pero hai que responder do que se di. Hoxe hai xente -moita- que só se informa do que pasa a través do disque disque de Facebook. Nese fantástico mundo pódese tragar con todo, circula toda clase de fake news, de novas falsas anónimas. Seica a novidade agora é que esas novas non son iguais para todos, non. En función de cada perfil, de cada sensibilidade, afección, os manipuladores poderían crear novas falsas “a medida” “a gusto ou a desgusto do consumidor”. Podería ser algo así: Que ti es de andar polo monte, pois diranche que tal partido quere poñer un imposto ao sendeirismo. Que es homosexual, pois deixaranche caer a homofobia de tal candidato. Con moito ruído e pouco fundamento.

É a democratización da trola. E non son trolas inocentes. Son trolas “a medida”, que producen resultados electorais disparatados.

Menos mal que queda Irimia para poñer algo de criterio (he,he, esta, se é trola, si que é inocente).

Daniel López Muñoz

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s