A peneira


Os cruceiros e calvarios lémbrannos a cotío a presenza da CRUZ na nosa cultura, oNoticia 1bras de arte que atesouran a memoria de cada aldea e fonte de inspiración para As cruces depedra na Galiza, de Castelao, o “Cristo Obreiro”, de Luis Seoane, ou o de Xaquín Marín…

O VERTIDO de residuos radiactivos no océano segue preocupando, cando está a rematar a mNoticia 2oratoria de prohibición do 1994 para 25 anos. Seguen os riscos de convertelo nun cemiterio nuclear porque non se pode controlar o que se deposita no mar, que morre envelenado por toneladas de plásticos e lixo.

A PRIMAVERA abrolla coa lembranza de momentos prodixiosos de Noticia 3cambio de mentalidade desde o 15M, a Primavera de Praga…, ata o Maio Francés, con antecedentes na Galiza de marzo do 68. Mananciais de arelas hoxe queimadas por un imperialismo destrutor das liberdades.

Neste marzo lembramos os cen anos das REVOLTAS sociais de mulleres en Galiza contra a opresión e a fame, escoitando en FNoticia 4errolterra: “Aquí bastamos nós!”, mentres asaltaban peiraos e vagóns na busca de fariña para pan. Aquel 11 a garda civil matou en Narón catro mulleres que loitaban contra a suba dos presos.

O 4 cúmprense os 50 anos do asasinato de Martin Luther King, ao que lembramos ficando nas súas teimaNoticia 5s: “Teño un SOÑO, un só soño, seguir soñando. Soñar coa liberdade, soñar coa xustiza, soñar coa igualdade e oxalá xa non tivese necesidade de soñalas”, ou “Se soubese que o mundo rematase mañá, aínda, plantaría hoxe unha árbore”.

Nas Feiras do Viño, o 24 a de Sober, non só brindan polo seu futuro, taméNoticia 6n denuncian as poucas axudas para que ince con enerxía, para paliar os danos das xeadas e sarabias. Unha empresa da Rioxa levou o 21% das axudas para plantar VIÑEDO en Galiza.

 

O día dos BOSCOS, o 21, celebramos o Premio Osíxeno concedido á Comunidade de Montes de Froxán, de Lousame, Noticia 7por Adega, e agora proposta a un recoñecemento a nivel mundial por substituir 20 hectáreas de eucaliptos e acacias por frondosas.

 

Viveiro vive a Semana Santa con moita emoción, incrementada este ano coa Noticia 8apertura do Museo de Arte Sacro, nos claustros de San Francisco, onde podemos admirar varias tallas dos séculos XVII, XVIII…, das que remarcamos as do “ENCONTRO” no Venres Santo, significativo en todo o país

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s