Rumores de esperanza


O pasado 8 de marzo foi un día moi especial. Tratábase de dar unha lección ao mundo e penso que foi toda unha demostración de pedagoxía. As mulleres saíron á rúa a protestar e enchérona de cor e festa reivindicativa. Imaxe rumoresNinguén puido pór ningún pero. Nin que foi violenta, nin que se obrigou a ir, nin… Antes ben, todo o contrario. Ata aqueles sectores máis afastados da loita feminista e que prefiren mirar para outro lado tiveron que mirar porque non había outro sitio para onde facelo.

Os que pertencemos ao colectivo de seres humanos chamados homes temos que aprender moito deste tipo de loitas. Temos que asumir que hai que camiñar en unidade. Que todos temos que entoar un “mea culpa” por ter caído en moitísimos erros no día a día. Que o final do camiño non é o horizonte da utopía. O camiño lévanos a un mundo normal onde ningunha muller se sinta discriminada por selo.

Agora temos que facer unha análise sensata. Se cadra, unha autoavaliación co método tradicional de ver, xulgar e actuar. E tomalo en serio porque eu tamén desexo un mundo xusto e tranquilo para todas as mulleres ás que eu quero (nai, parella, fillas, amigas…), onde poidan ir pola rúa en paz, que poidan traballar en igualdade e vestir en liberdade. E, se cadra, esta avaliación hai que facela a fondo na Igrexa. Hai moito en xogo. Un Evanxeo (boa nova) en masculino é unha mala nova.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s