O peto


O día de hoxe foi un día combativo, de loita e rebeldía, de petición de dereitos, de denuncia de inxustizas. Non nos calarán, somos moitas, a metade da humanidade, e estamos xuntas, unidas, todas a prol da igualdade. Foto PetoDa igualdade real, nos traballos, nos salarios, nas empresas, nos fogares, na Administración, na política, nas escolas, nos medios de comunicación, nos libros de historia, de ciencias, de literatura, na vida cotiá, no día a día, porque xa estamos FARTAS. E como somos moitas, unidas e fortes, hoxe quero compartir frases dalgunhas compañeiras de revolta, da revolta dos 365 días do ano, ano tras ano:

-Polo futuro da humanidade temos que facer que as voces e accións reivindicativas do conxunto das mulleres sexan visibles e poidamos acadar o que tanto desexamos.

-Oxalá mañá non teñamos que escoitar máis asasinatos de mulleres. O feminismo non mata, o machismo, todos os días.

-Só pedimos vivir con dignidade, con todos os dereitos, todas as liberdades, non quero ter medo por min e por todas.

– Non debemos deixar que o día de hoxe quede niso… nun día. Hai que seguir adiante, coa nosa mellor arma a sororidade. Non hai mellor revolución ca quererse a unha mesma. Por todas, nin unha menos.

-Por nós, polas que estiveron, polas que se foron, polas que xa non poden berrar, polas que berramos e polas que no día de mañá berrarán.

-Que se somos malas entre nós… Que se somos máis machistas… Que se… se nós gobernásemos acabariamos con todo, que non falemos demasiado alto… Pero isto é IMPARABLE porque querémonos e estamos unidas. Grazas, compañeiras, por un día inesquecible.

-Deixemos de aprender, primeiro desaprendamos.

-Polas nosas avoas, nais, fillas, sobriñas, amigas…

-Son precisas máis medidas de conciliación dirixidas tanto a mulleres como a homes. O emprego é unha ferramenta que nos dá capacidade económica e independencia.

-Loitemos unidas para rematar cunha herdanza de machismo, que nos afoga e nos mata. Deixemos a pasividade e revelémonos para construír un futuro de igualdade real para todas. Querémonos libres, querémonos vivas!

Teresa Souto Loira

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: