fachineiro


Superviventes

Estes días de aí atrás topouse o fachineiro cun titular que dicía “Superviventes en Honduras”. E, claro, pensei que se refería á situación do país nove anos despois do golpe de Estado que derrocou o presidente Zelaya. No seu mandato, entre 2006 e 2009 a taxa de pobreza reduciuse un 7% e a pobreza extrema nun 21%. A desigualdade baixara durante catro anos; agora é o país de América Latina con meirande desigualdade. Daquela, os empresarios, a igrexa católica e o exército consideraron que o golpe fora legal. Hoxe é un dos países con máis corrupción e considerados entre os máis perigosos do mundo. Suspicaz como é este columnista, pregúntase por que día si e día tamén, os xornais e televisións se esmeran en detallar a situación de Venezuela, e ignoran a doutros países con situacións igual ou máis execrables. Os superviventes en Honduras non son hondureños, nin contan as penalidades que sofren, nin pertencen a ningún dos grupos étnicos marxinados, nin falan unha das linguas en perigo de extinción das que alí hai, coma a dos lencas ou os chortís, que xa a perderon e adoptaron o español. Pero nada diso se dicía debaixo do titular. Trátase dun telelixo no que supostos famosos fan non sei que estremonías que deben atraer a selecta audiencia patria.

A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: