O trasno


Ninguén daba un marco por Hitler

Non é unha broma isto que pasa en Europa e no mundo – véxase Italia- co xurdimento por veces triunfal da extrema dereita, tantas veces agachada detrás de discursos patrióticos contra a inmigración e slogans de adhesión fácil e visceral para toda a xente traballadora anoxada. Slogans como, por exemplo “America first” (Trump) , “Norte branco, traballador e honesto “ (Liga Norte, antes de pasar a ser simplemente “La Lega”) ou “Atrévete, Alemaña” (AFD).

Ninguén cría que Hitler puidese acceder ao poder absoluto como o fixo. Pero pasou. O que si parece fóra de dúbida é que foi a debilidade e o descrédito da república constitucional de Weimar a que permitiu a ascensión dun psicópata criminal. Causar, por vía directa (mortos en combate) ou indirecta (fame e enfermidade) 80 millóns de mortos ten que encher de gozo a un elemento así, por máis que as vítimas pensasen outramente. O caso é ese, puxéronllo fácil: primeiro foi o contexto de hiperinflación e despois o tremendo nivel de desemprego que veu coa Gran Depresión. Todo unido ao descrédito da política e do parlamento e a un profundo convencemento na xente de que os que mandaban non eran quen resolver os problemas básicos dos votantes. Unha película ben actual.

Hai varios problemas de agora que son como o misterio da Santísima Trindade, de imposible comprensión. Sen ir máis lonxe, o prezo da vivenda e o prezo da enerxía. Ser mileurista non estaría tan mal sen esas facturas desbocadas. A xente non se explica que pasa, …ou si, algo albiscan mirando o palco do Real Madrid, os consellos de administración das eléctricas e as súas contas de resultados anuais. O caso é que os parlamentos non axudan a entendelo nin a desentrañalo. Os executivos non son quen de resolvelo. Pídennos un acto de fe. Pero isto é política.

Esa impresión de impotencia é unha nova fatal para a democracia parlamentaria. Xa non é que non queiran, que xa lles chega ben. Ademais, non poden, non saben. Non se lles ven ideas nin capacidade de análise. Son grises, pero sen materia gris. O seus pensamentos máis complexos collen nun tweet, o que non quita, sexamos xustos, para que de cando en vez teñan unha xenial ocorrencia, do tipo: “vou mandar aos xubilados unha carta felicitándoos pola suba de dous eurazos na súa pensión”. Aos xubilados, si, aos mesmos que pagan as facturas de vivenda e de enerxía súas e dos seus fillos e fillas.

Pois o dito, ninguén daba un marco por Hitler.

Daniel López Muñoz

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s