Editorial


Retos igualitarios para Semana Santa

A folga feminista do 8 de marzo debería ser, pola súa contundente evidencia, un sinal dos tempos para toda a sociedade. Unha chamada a unha igualdade en acción. Tamén para a Igrexa.

 Resulta anacrónico que se reproduciran de novo voces episcopais poñendo baixo sospeita a mobilización e tratando de distinguir entre feminismos bos e malos. A causa da igualdade real, non só legal, é un potente tren histórico que xa leva demasiado atraso. Ningunha voz da Igrexa debería poñerlle paus nas rodas, argallar historias para que non arrinque, nin andar elucubrando sobre as características técnicas dos seus motores. É un movemento imparable, colectivo, emancipador. O que non queira montar, que non o faga. Pero que estorbe pouco.

 Pero a boa nova é que si hai quen quere montar, que leva ben tempo nesa loita; hai moitas e, cada vez máis, moitos. E hai movementos inspiradores para argumentar o cristianismo outramente, como o da Asociación de Teólogas que neste número difundimos.

 Se as Igrexas e comunidades de fe escoitamos a voz do Espírito na historia humana -onde se non?- , deberiamos celebrar, agradecer e potenciar os avances dunha humanidade máis cooperativa, fraterna e igualitaria. Onde, por exemplo, as “cargas” da parentalidade se repartan por igual. E lamentar e combater os avances en sentido contrario. Morrer ao home vello – nunca mellor dito- , machista e patriarcal, anulador e violento, e nacer a unha humanidade nova, complementaria e agradecidamente igualitaria. Non son malos deberes para unha Semana Santa en 2018.

 Tamén traemos ás nosas páxinas, cumpridos os dous anos do vergoñento acordo entre a Unión Europea e Turquía, a que, como civilización, é a nosa gran materia pendente: milleiros de seres humanos exiliados de guerras sen piedade e outros infortunios que están nas portas de Europa, nas mans de mafias, menores incluídos, e aos que non somos quen de dar solución.

Na mesa compartida do xoves santo e na memoria da morte do xusto do venres de paixón, temos deberes e escoitas que facer. Para que a igualdade, a xustiza e vida vaian loguiño resucitando e poidamos ser parte e botar unha man nesa fermosa resurrección.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: