In memoriam


JAUME BOTEY VALLÉS

Non ben recibín a desafortunada nova da morte inesperada de Jaume Botey, púxenme en contacto cos amigos de Cataluña polas beiras da base, tanto de cristiáns como sociais, para compartir a pena inmensa pola fuxida sen volta do noso amigo Jaume.

https://lh4.googleusercontent.com/4fpIJNN3ITZgj1hyaQcyPDbR3mLPdtYfZnhAGqP2GYUVumVk3oDsumMxB75sCD0P1vlU5HdRM-hhT_jVm64CQ5ODfXYKoQTS_DfnfDZ8FQGWm7GSEFpJ6twUcRaDpRJJsRcZXkrAdxZkOm5B4g

Se entramos en internet co nome de Jaume Botey, aparecen as notas nos xornais, tanto en papel como dixitais, de Barcelona. Non me estraña nada porque a súa personalidade imprimiu en Cataluña unha pegada moi notábel. Foi cura secularizado, irmán doutro cura, Francisco, famoso na época franquista, que sufriu o cárcere de Zamora, cun labor interesante no Campo de la Bota, lugar barcelonés convertido nun barrio pobre, despois de ser lugar de axustizamento de fusilados vítimas do franquismo.

Jaume desenvolveu unha actividade social en Hospitalet como concelleiro e sobre todo, como animador social, escola de adultos. Formaba parte de Cristianisme i Justicia con publicacións de cadernos moi populares e certeiros como Construir la Esperanza, El dios de Bush, 500 años de la Reforma Protestante. Lutero. Profesor xubilado da Univesidad Autónoma de Barcelona. Todo iso e máis foi Jaume. Mais eu quero facerlle honor á miña relación con el.

Aló no comezo de século, atopámonos nas rambles para falarmos do que a min me interesaba, como era a Memoria Histórica. Tivo a idea de poñerme en contacto con Hilari Raguer, monxe de Montserrat, que nos dedicou o libro que acababa de editar, La Pólvora e incienso. La Iglesia y la Guerra Civil, libro para ter unha idea básica da nosa Igrexa nese tempo. Acompañounos na visita de Montserrat e ensinounos o Refectorio onde Castelao tratara o asunto do noso Estatuto de Galiza polas Cortes da República.

Vímonos despois moitas veces. Todos os anos nas xornadas de CPS (Cristiáns por el Socialismo). Un home animador, dialogante, moi comprometido como catalán. El tiña un estudo sobre o Procés, xa denantes de todo esta liorta actual,  para publicar na revista de Iglesia Viva. Fun eu un dos seus privilexiados que mo entregou pensando que nunca o vería no prelo, que poren finalmente foi publicado en setembro de 2015, no apartado A Debate, co título de El nacionalismo catalán y los sentimientos, Momento actual del Proceso, de Jaume Botey Vallés. Iglesia Viva, 15 de setembro de 2015, páxs. 65-86. Pódese conseguir directamente en pdf por internet, para o que lle interese. No número seguinte da mesma revista aparece a réplica de Ramón Rosal Cortés.

Moito máis podería dicir deste home comprometido con este mundo no seu país, coa Igrexa, e de Xesús de Nazaret.  Fóisenos inesperadamente. Terémolo na lembranza e no corazón de Deus-Pai.

Anxo Ferreiro Currás

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: