A Peneira


ANMUPESCA (Asociación Nacional de Mulleres da Pesca) están a espallaNoticia 1r  as súas arelas nas redes a través da súa páxina web, conscientes de que a sociedade non coñece o seu labor fundamental, mesmo para a alimNoticia 2entación.

O 8 saímos á rúa para reivindicar a IGUALDADE. As mulleres no traballo cobran un 29% menos e nas pensións tamén un 37% menos. Mentres, nos xulzgados hai unhas 18 denuncias ao día por violencia machista. Cada 10 minutos sucede un ataque machista no mundo; na Arxentina, cada 30 horas un asesinato; en Alemaña, 3 000 ao ano.

Noticia 3Galiza está a desertizarse –3 677 aldeas sen habitantes (desde o 2012, máis de dous mil)– e a envellecer: en 15 anos vai perder a cuarta parte da MOCIDADE: de cada cen persoas, 30 van ter máis de 64 anos e 10 menos de 16. Arestora emigran ao mes dous mil mozos/as entre 20/34 anos.

Noticia 4No 10 DE MARZO, “Día da clase obreira”, temos que denunciar que o traballo é un ben escaso; en Ourense xa hai máis pensionistas ca traballadores activos. As e os avós están a soster os netos sen traballo e a maioría dos que o teñen, e un traballo precario, e aínda resisten.

 

O 21 comeza a primavera coa entrega dos Premios María CaNoticia 5sares no Teatro Colón da Coruña, homenaxéase a unha das fundadoras da Asociación de Actores e Actrices, Rosa Álvarez, promotora da profesionalización do TEATRO desde as Mostras de Ribadavia.

O 3 preséntase a Plataforma para a Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza, VÍA GALEGA, co manifesto “Somos unha nación. Temos dereitos, fagamos ouvir a nosa voz” e a teima de unir vontades a prol do noso pobo, que necesita da coordinación de todos os colectivos, www.viagalega.gal  e coordenadora@viagalega.gal.Noticia 6

 

Noticia 7

 

A Rede de PATRIMONIO convoca unha xuntanza, o día 10 no local da Gentalha do Pichel, en Santiago, para coordinar iniciativas contra a desfeita da eucaliptización nos xacementos arqueolóxicos. Algúns destes colectivos xa o denunciaron na UE, que ten leis que a Xunta non cumpre.

Noticia 8Do 19 ao 24, terá lugar a XUNTANZA DE MOCIDADE de todo o mundo enoma, para preparar o Sínodo do outono. As conclusións deste encontro van ser remitidas aos seu participantes, pero é unha mágoa que as e os mozos non poidan participar de viva voz.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s