Fachineiro


O fachineiro da lingua (catalá)

Desprezo

Todo o mundo ten claro que non hai nada máis propio do ser humano ca o idioma. Así nolo fai saber a propia etimoloxía grega desta palabra. E tamén temos claro que os paladíns da caspa e a caverna non están cómodos nin cómodas con outras linguas que non sexan a súa. Para dicir o que se dixo agora do catalán e do castelán en Cataluña hai que ser moi miserable, moi ignorante ou as dúas cousas ao mesmo tempo. Por aquí hai tempo que fixemos o máster nese campo, e eses argumentos da discriminación do castelán e da imposición do galego xa nos soan de vello. Tanto ten que os datos digan que o contrario. Dá igual que se demostre con cifras que os rapaces e rapazas catalás galegas e vascas saben tanto castelán coma os de Madrid e que ademais dominan outra lingua que os pobres de espírito lingüístico non saberán nunca, nin interese que teñen. O obxectivo é borrar todo o que soe a diferente, o que poida ser interpretado como signo de identidade. Calquera cousa vale con tal de non deixar respirar a diferenza. E neste punto, na política estatal só hai dous partidos: os de dereita e os de ultradereita, tal como se viu coas declaracións ao respecto de presuntos socialdemócratas. Eles, que gobernan comunidades que pouco poden ensinar en canto a resultados educativos. Moito queda que loitar para podermos seguir vendo o mundo desde o galego.

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s