Rumores


Entre os libros de meus pais, hai uns seis ou sete libros de encadernación verde que están entre outros. Son as obras de Vicente Blasco Ibáñez. Polo visto, meu avó tíñaas agochadas da miña avoa. Formaban parte da lista de libros prohibidos.

Imaxe Rumores de esperanzaSupoño que o feito de que estivesen prohibidos incrementaba o desexo do prohibido de meu avó e, sobre todo, a sensación de facer algo que podería incomodar á miña avoa, unha muller moi, moi católica da época. Agora acaba de suceder un feito que me lembra esta historia familiar. Unha xuíza vén de secuestrar o libro Fariña, de Nacho Carretero. De igual xeito que a prohibición de Blasco Ibáñez incrementou o desexo de lectura do meu avó, tamén moita xente comezará a lelo e interesarse polo que nel se conta: a historia do narcotráfico en Galicia.

En Galicia tivemos, e aínda temos, un grave problema con esta cuestión. Moito se sufriu co desexo de moita xente de se faceren ricos vendendo morte e destrución. Isto non é boa noticia, de igual xeito que non é boa noticia que secuestren un libro. O que é boa noticia é que haxa moita xente de todo o Estado que vai saber o que aquí ocorreu e ocorre. Que as nosas desgrazas non pasen como unha anécdota histórica. Que se lea, e que se lea moito.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s