DOMINGO 25 DE FEBREIRO. II de CORESMA


1536px-moon_over_cumulusA PALABRA. Mc 9, 2-10

Naquel tempo colleu Xesús a Pedro, Santiago e Xoán, e subiu con eles sós ao coto dun monte. Alí transfigurouse na súa presenza. Os seus vestidos viráronse resplandecentes, brancos coma ningún bataneiro do mundo os podería branquexar. Nisto apareceron Elías e mais Moisés, e estaban a falar con Xesús. E Pedro, tomando a palabra, díxolle a Xesús: «Mestre, que ben estamos aquí! Imos facer tres tendas: unha para ti, outra para Elías e a outra para Moisés.» Tan asustado estaba, que non sabía o que dicía. E unha nube cubriunos coa súa sombra, mentres saía dela unha voz: «Este é o meu fillo benquerido, escoitádeo.» E de súpeto, mirando arredor, xa non viron a ninguén, fóra de Xesús. Cando baixaban do monte, Xesús encargoulles que non contasen nada até que o Fillo do Home resucitase de entre os mortos. Eles colleron ben o aviso; mais empezáronse a preguntar uns a outros o que querería dicir aquilo de «cando resucite de entre os mortos.”

A CLAVE: Aloumiñar a utopía

Marisa de Corme

A Transfiguración é un relato simbólico que nos leva ao mundo das utopías. O Reino está en marcha e as dificultades saen ao paso. Camiño de Xerusalén os discípulos soñan coa conquista, discuten polo poder… Os reclamos de gloria e honra imperiais poden botar a perder a utopía do Reino. Por iso Xesús colle aos tres homes con máis autoridade no grupo e sobe con eles ao monte. Na revelación do Tabor non se apela a grandes ideais escatolóxicos (os anxos ou milleiros de xustos marchando do apocalipse), senón á sinxeleza dunha noite, un monte, dúas persoas loitadoras e místicas (Elías e Moisés) e á paz interior que abrolla de sentir que todo o que se fai está feito desde o mellor de nós mesmos, dende Deus, e polo ben de todas e todos. Esa paz interior que xorde cando calan os ruídos externos e nos sentimos en comuñón con Deus invade a Pedro, Santiago e Xoán.

Sendo homes como son, tan propensos ás xestas épicas, por un intre esquecen as súas loitas polo poder, a “marcha” sobre Xerusalén e só pensan no coidado como fonte de paz e xustiza: en facer tres tendas para coidar, aloumiñar e preservar esa lámpada feble que é a utopía do Reino. A voz do Pai reafirma o ideal de Xesús: “este é o meu fillo benquerido: escoitádeo”.

O ECO

Christina1536px-moon_over_cumulus

Comentaba este día cun amigo de lonxe, moi lonxe, como podía facerlle chegar agarimo, consolo, ou mesmo acompáñalo na oración en momentos especialmente duros. Dicía el que xa era fantástico que puidesemos estar falando de gratis polo was, que iso xa era tan inimaxinable hai apenas anos. E foi, sen querer, un ir devalando cara á certeza de que non había océano, nin montañas altas, nin desertos nin abismos que poidan parar a Graza cando a amizade, o amor, quere correr lixeiro e que o fai á velocidade… da luz.

Luz, ti es luz, substancia divina que todo o enche, que todo o é. E humana, moi humana es ti Luz. A miña esencia e a de cada, irmán, irmá e tamén a dos gatos e ergueitas palmeiras cos seus cafeais aos pés. Todo é luz polo amor proxectada, que se achega na velocidade instantánea e devece por rebordarnos. Cando, con corazón de nena, sabendo da túa presenza ao meu carón, vénme a tontísima idea de procurarte cos ollos ou coas mans, ocorre que se me queda cara de lela, e gozo a leda evidencia de que aí estás, es Luz que todo o enche e levas nas túas mans todas as nosas arelas, as declaracións de amor, as palabras de consolo e mailos laios. Acubillas o segredo do certo nome secreto e protector, Luz de Galilea.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: