Peneira


Noticia 1 (1)Tres ADOLESCENTES solidarios afastaron a unha muller superada por desfeitas familiares de suicidarse en Riazor. Despois de deixarlles as pertenzas, escapou para tirarse ao mar, onde noutrora deixara as cinzas da súa filla acabada de morrer. Razoaron con ela sobre o agasallo da vida e chamaron ao 061.

Noticia 2O 27 tivo lugar o I Encontro de Mulleres con ENERXÍA COOPERATIVA, activas na loita contra a contaminación e buscando aforrar no seu consumo. Xa son moitos/as os que optaron por esta alternativa verde así a través de “Nosa Enerxía”.

Noticia 3A banca ÉTICA abrolla en iniciativas como a Cooperativa Ribeira do Navia, en Ernes de Negueira de Muñiz, onde promocionan a produción ecolóxica, a restauración da contorna, as conservas das froitas das súas hortas, que venden no Mercado da Terra de Lugo.

Noticia 4O 3 foi a “Festa dos Heróis” en Mozambique, e celebramos o traballo de galegas/os alí grazas ao Fondo Galego de COOPERACIÓN: abrindo pozos de auga, para loitar contra os andazos, ou fomentando o deporte, para previr adiccións tóxicas na mocidade.

Noticia 5 (1)O tabaco é a 3ª causa de mortes no mundo e a 4ª é a CONTAMINACIÓN: 6,5 millóns ao ano, máis en África e Asia. Só na China, 2,2  As nenas/os xa poden sufrila no útero materno. A India é das máis contaminantes porque acubilla 12 das 20 cidades máis prexudicadas no mundo.

Noticia 6O 22 cúmprense os 75 anos da execución en Munich de tres mozos do movemento de resistencia contra o nazismo, ROSA BRANCA, de raíces cristiás: loitaban por unha Europa federal en liberdade… Na foto, Lilo Furst, unha delas.

Noticia 7A FILOSOFÍA é necesaria; porén, convidamos ás XXIII Xornadas sobre Ciencia e cinema: Unha relación bidireccional”: intelixencia artificial, neurociencia…, organizadas pola Universidade da Coruña, no Campus do Ferrol, os días 8 e 9 de marzo. Hai que matricularse antes do 28 28; para máis información: jornadas.filosofia.ciencia@udc.es e 981-337400-1-3814.

Noticia 8O filme ‘DHOGS’, do meirego Andrés Goteira, é favorito dos premios Mestre Mateo na Coruña o día 3… Unha mostra de ciencia ficción que denuncia a pasividade da sociedade nun mundo de terror con actores como Carlos Blanco, “Morris”, Melania Cruz, Miguel de Lira…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: