O fachineiro da memoria


Polafías

foto fachineiro

Hai un par de semanas que morreu o escritor Isidro Novo, autor de literatura infantil, tamén asinou o western Por un puñado de machacantes e dentro da Asociación de Escritores en Lingua Galega fundou a sección de Literatura de Tradición Oral. A este eido dedicou o seu labor nos últimos tempos. Hai xa ben números que nesta mesma páxina comentamos que Mini e Mero foran xustamente recoñecidos como mestres da memoria. Pois ben, unha das persoas que estaba detrás destes premios era Isidro Novo, xunto a Antonio Reigosa, un deus maior na cultura popular do país. Outra das iniciativas que axudou a levar adiante Isidro Novo foron as Polafías, encontros de celebración da literatura popular. Na páxina da AELG calquera pode ter acceso a eses encontros onde a xente se xunta a carón das palabras coas achegas das mestras e mestres da memoria e os vídeos das Polafías gravados por Galicia adiante. Deste xeito non han pasar pola vida coma un suspiro anónimo, segundo as palabras que me presta Olga Novo.

A.Q.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s