Política


Unha folga trascendente

Política

Para o próximo 8 de marzo está convocada, polos movementos feministas, unha folga internacional de mulleres. É a segunda vez que se promove. A primeira foi o ano pasado e tivo significativa relevancia en todo o mundo. Esta vez a convocatoria ten máis forza, máis concreción e máis amplitude. En España, os principais sindicatos non só a apoian, senon que ofrecen a cobertura legal precisa, secundándoa como co-convocantes. A mobilización consistirá en paros laborais das mulleres en todos os ámbitos da producción, paro nas tarefas do fogar en nos coidados de persoas e folga de consumo, así como a participación nas manifestacións que se convocan en todo o mundo. É moi posible que esta folga non chegue aínda, este ano, a paralizar de forma masiva a produción e a vida ordinaria dunha parte importante dos países pero, sen dúbida, será moi visible, tanxible e, sobre todo, afectará a millóns de personas e mobilizará millóns de mulleres en todo o mundo. É unha folga pola emancipación e a dignidade da muller, pola igualdade, contra o machismo e a violencia machista e pola demolición do modelo cultural, social, económico e político do patriarcado, vixente e hoxe hexemónico nas relacións humanas en todo o planeta. As diferenzas que poida haber entre uns países, culturas, civilizacións e outros son de grao ou de forma, pero o sistema é patriarcal en todos.

Máis alá do alcance cuantitativo que este paro internacional consiga, por moi notable que sexa, a mobilización, xa desde a súa convocatoria, é trascendente porque exhala ese recendo agradable, vivo e forte que emiten as causas nobles, xustas e liberadoras. É trascendente porque fará visible e máis comprensible a problemática primordial, diaria e vital da muller, tantas veces oculta e ocultada. Trascendente, sobre todo, porque os efectos transformadores desta mobilización, moito máis alá de afectaren á muller mesma, atinxen a propia concepción e a vida concreta dos seres humanos, as relacións entre eles e a súa interacción co medio; por iso a reivindicación feminista é profundamente política, fondamente cultural e nidiamente revolucionaria.

O grao de apoio que esta folga alcance entre os homes dará conta do nivel de lucidez conseguido pola outra metade da humanidade. Non estaría nada mal que os servizos mínimos da folga corresen esta vez a cargo do sector masculino da sociedade, sobre todo nas tarefas do fogar e no traballo de coidados a terceiros, sen ir máis lonxe.

Carlos Vázquez G.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s