Rumores de esperanza


Imaxe Rumores

Non sei se lestes a noticia estes días. No convento franciscano de Betanzos reciben a aquelas persoas que están soas para pasar o seu tempo de lecer. Trátase do proxecto “Familia aberta”. Alí comparten o seu tempo e as súas inquedanzas. Fan actividades, apóianse uns aos outros, falan e matan o gran monstro deste tempo, que é a soidade.

No noso mundo hai moita xente que se sente soa. Non se trata só de xente que vive en soidade, senón que tamén vive nunha gran tristura e que pasa semanas e semanas sen compartir con ninguén nada. Iso debe ser moi duro. Por iso, gústame unha iniciativa tan sinxela coma esta, na cal un relixioso abre as portas do seu convento para que persoas de calquera clase maten o monstro da desesperanza.

Oxalá neste tempo agromen experiencias deste tipo. Que os conventos e edificios relixiosos, que cada vez están máis baleiros, sexan punto de encontro e convivencia. O Evanxeo tamén o di: Vinde a min todos os que esteades canso ou agoniados. Os mosteiros están para evanxelizar. Abrir os mosteiros ao mundo foi máis ou menos o que pediu o Papa hai un tempo. Dun xeito tan sinxelo fano os franciscanos de Betanzos. Que se espalle o exemplo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s