O trasno


Bretañización

Están obsesionados co turismo, co turismo masivo e invasivo, que é a salvación política e económica de quen non ten mellores ideas, mellor concepto de país, mellor alternativa de desenvolvemento. E como cuestiones o invento, como lle apoñas una dúbida, chámante turismofóbico, xenófobo e separatista.

O camiño de Santiago é unha feira de turismo barato e non se sabe ben que tipo de símbolo. espiritual sobrevive a tanta excursión de escolinos concertados con cánticos gozosos. Hai piñas por unha cama nos albergues e trampas de todo tipo na conquista do catre, o que di pouco da harmonía entre camiñantes e da enxebreza da camiñada. Pero quérese máis. O Atrancobeo 2021.Cantidade. Masa. Bater récords. Colapsar todo. Imaxinar Galicia como unha infinita praia das catedrais.

As cidades, co maná dos pisos por internet para turistas, expulsan os nativos e fan inviable a microeconomía da clase traballadora residente. O turismo nas cidades, convertidas en parques temáticos, é un pesadelo para as mozas e os mozos precariados, para os minus-mileuristas, para a maioría da clase traballadora emerxente, que son traballadores pobres. Só os multipropiedarios de pisos vacantes gañan, nin sequera gaña o fisco.

E despois están outros asuntos, que xa son para sensibilidades de nivel avanzado, e nunca, éche o que hai, nunca serán nin entendidos nin compartidos por quen agora manda neste país galego. É a bretañización que describía non hai moito Manolo Gago nunha entrevista sen desperdicio en ideas.gal. Dicía:

…A nosa sociedade avanza con rapidez cara unha certa desgaleguización, no sentido da perda de determinados imaxinarios, valores e intanxibles do que o máis evidente é a lingua. Creo que o horizonte, se non o paramos, pode ser a Bretaña francesa actual -un vago sentido da identidade, máis folclórico que outra cousa-, un uso ritual da lingua e un orgullo no gastronómico e no festeiro -é dicir, naquilo que non é conflitivo- pero co sentido cívico anulado. O problema é grande e non se está a abordar de maneira seria, sobre todo porque, nun contexto de crecemento turístico que non vai parar nos vindeiros anos, os gobernos terán a inercia de orientar e confundir deliberadamente a produción cultural cos contidos turísticos. Iso vai levar a unha infantilización, simplificación e estereotipación da nosa identidade que xa comezou.

Daniel López Muñoz

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑

%d bloggers like this: