O fachineiro


O fachineiro da despoboación. Devalar

O título deste fachineiro é tamén o dunha obra de Otero Pedrayo, xeógrafo e historiador de profesión. Ben seguro que don Ramón, nos edificios verbais que diariamente construía nas súas clases da facultade e nos nutridos faladoiros que frecuentaba nunca puido imaxinar a marxinalidade demográfica á que se está deixando ir o país. Nas condicións laborais que sofre o precariado máis novo, hai que ser afouto para ter unha crianza, sobre todo cando non saben se van ter casa nin brasa ao mes seguinte. Nin sequera queda o recurso das pensións dos avós, que celebran a regalía dun farturento 0,25% (tentación ten o fachineiro de amentar o 4% que sobe a peaxe da AP9 pero non o vai facer). Non hai moito que o xornalista Marcos Pena sinalaba en eldiario.es, un dos poucos que se poden ler, como Galicia pasou de ter máis de 800.000 persoas no rural no ano 85 ás 450.000 de hoxe. Unha poboación envellecida, e con 2000 núcleos de poboación abandonados, estes números da Galicia pantasma non paran de medrar. E non só porque, como dicía o outro, está morrendo xente que nunca morrera, senón porque nos deixamos ir tanto no lingüístico, coma no económico, no ambiental ou no demográfico. O malo do galego é que ten o ego ao final. Esa é unha das reflexións que aparecen na Crítica da razón perralleira, a última obra de Mofa e Befa. Polo menos no teatro aínda rimos dos nosos males.

A.Q.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s