DOMINGO 11 DE FEBREIRO. VI do TEMPO ORDINARIO


s13-ideas-lepramedieval-hero.jpgA PALABRA. Mc 1, 40-45

Naquel tempo, acercóuselles un gafo, e rogoulle de xeonllos: «Ti, se queres, pódesme limpar.» Xesús, estremecido, alongou a man, e tocouno, dicindo: «Pois quero, queda limpo.» E no instante desapareceulle a lepra, quedando limpo. 43 despediuno, e, poñéndose moi serio, mandoulle: «Mira, non lle vaias dicir nada a ninguén; preséntate ao sacerdote, e fai pola túa purificación as ofrendas mandadas por Moisés, para que lles conste.» Mais, mal se foi, aquel home botouse a pregoar a nova, espallándoa de tal xeito que Xesús xa non podía entrar en vila ningunha, senón que quedaba fóra, nos arredores apartados. Mais aínda así acudían a el de todas as partes.

A CLAVE. Carme Soto: Xesús, estremecido, alongou a man e tocouno

Quizais unha das cousas que na nosa mentalidade moderna e máis difícil de asimilar é a actividade terapéutica de Xesús, non tanto porque cure, senón porque moitas veces o vemos coma un “milagreiro”. Tradicionalmente púxose nesta capacidade do mestre unha demostración da súa divindade e esqueceuse a intención orixinal deses relatos e a visión que no mundo antigo tiñan de ese tipo de accións.

No mundo dos evanxeos a medicina popular, “os curandeiros”, era algo habitual pois os médicos profesionais eran moi caros e so tiñan acceso a eles as clase privilexiadas. Sen entrar na posibilidade científica ou non de facer ese tipo de curacións o importante e ver o significado que teñen da misión e na vida do Mestre.

No relato de hoxe tratase da curación dun gafo. E nel hai dúas cousas importantes a ter en conta. Por un lado, os gafos eran pola súa enfermidade expulsados da convivencia social e da relación ca divindade pola súa impureza (Lev 13,45). A relación co puro/impuro era central na sociedade de Xesús e marcaba a fronteira entre a integración e a marxinación. Non era tanto a enfermidade en si senón a estimagtización social que esta supuña. Por iso o gafo non lle pide o Mestre que o cure senón que o limpe.

Por outro lado, é significativo no relato que cando a xente sabe que Xesús tocou (non que o curou) o gafo non pode entrar en ningunha vila. O Mestre o curar o gafo o inclúe de novo na vida colectiva pero el fica fóra, asume a súa marxinación. É esta é a clave, Xesús non cura para demostrar a súa divindade, senón para ofrecer e visibilizar a salvación gratuíta de Deus. E iso non é sempre fácil de asimilar por os que poñen a forza nos merecementos e na pureza.

O ECO. Olga Álvarez

Pasou Nadal, chegará o Entroido e así vai pasando a nosa vida. Uns días atrás doutros coa rutina cotiá, sen moitas diferencias: almorzar, xantar, cear, durmir, espertar, traballar, descansar, de cando en vez algunha alegría e tamén ás veces unha mágoa, e pasan os anos e cando te decatas alá vai media vida.

Son afortunados os que viven de xeito que cada día lles trae unha ledicia e non precisan que lles toque a lotería para estar contentos. Para os demais é importante lembrar que, así como as festas se nos fan moi curtas, as desgrazas, aínda que nos parezan difíciles de aturar, tamén teñen final.

E todo isto vén a conto do leproso do evanxeo, que despois de sandar recibe a orde de calar e podemos imaxinalo dando chimpos de alegría, contándollelo a todos cantos veciños se atopa e facendo unha boa propaganda de Xesús. Quen non habería de facer o mesmo! As alegrías saen pola boca porque rebordan do corazón ata polos ollos. Non o esquezamos nos malos momentos. Chegados ao fondo so queda tirar cara arriba.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: