O noso taboleiro: FESTA DO LUME 2018. ARQUEIXAL, PALAS DE REI.


Foto O noso taboleiro.jpgDespois do bo sabor de boca que nos deixou a Festa do Lume de Sobradelo, este ano volvemos a un lugar inédito, que non descoñecido, como é Arqueixal. Falamos da Parroquia de Albá no Concello de Palas de Rei. Arqueixal (a ARte dos QUEIxos de ALbá) é un proxecto de ecoturismo rural que basea a súa filosofía no traballo de produtos lácteo-ecolóxicos co turismo rural.  Ademais nos últimos anos, Arqueixal está sendo lugar de celebración do Son de Aldea, un proxecto cultural recente que ten cada ano máis acollida.

Aproveitando o enclave, o relatorio deste ano na Festa do lume terá por nome “Experiencias vitais” no que contaremos con Xosé Luís Carreira, promotor de Arqueixal dende hai 30 anos e de Son de Aldea. Xunto a el teremos a Ana Corredoira, bióloga e gandeira que se dedica á elaboración de produtos lácteos ecolóxicos en A Cernada. Aos seus 25 anos Ana tivo que asumir a responsabilidade de reactivar a pequena granxa de gando vacún de leite, sustento da familia desde unha aldea tamén do concello de Palas de Rei. Todo isto nunha xornada na que previamente teremos a Asamblea Anual dos Socios de Irimia e rematará coa celebración da Candeloria.

FESTA DO LUME 2018

Día: 3 de Febreiro en Arqueixal.

  • 9:30h Café.
  • 10:00h Asamblea dos Socios/as de Irimia.
  • 12:00h Mesa redonda aberta sobre “Experiencia de vida no rural” con:

Xosé Luís Carreira de ARQUEIXAL.

Ana Corredoira de A CERNADA.

  • 14:30h Xantar compartido (todos traemos algo para xantar).
  • 16:30 Celebración da Candeloria.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: