DOMINGO 28 de xaneiro. IV do tempo ordinario


284_rcrt_1A PALABRA Mc 1, 21-28

Naquel tempo, Xesús e os seus discípulos viñeron a Cafarnaúm, e, ao chegar o sábado, púxose a ensinar na sinagoga. Todos estaban abraiados da súa doutrina, pois ensinaba coma quen ten autoridade, non coma os letrados. E cadrou que había naquela sinagoga un home posuído por un mal espírito, e púxose a berrar: «Que temos que ver contigo, Xesús de Nazaré? Seica viñeches para acabar connosco? Ben sei quen es ti: ti es o Santo de Deus.» Xesús mandoulle: «Cala, e bótate fóra dese home.» O espírito malo sacudiuno, pegou un berro moi alto e saíu del. Todos ficaron pasmados, e discutían entre si, dicindo: «Que é isto? Unha nova doutrina, e con autoridade; enriba, dálles ordes aos espíritos malos, e eles obedéceno.» E a súa sona espallouse de contado por toda a rexión de Galilea.

A CLAVE. A. Martínez. Es o Santo de Deus

Marcos vainos acompañar ao longo do tempo ordinario neste ciclo B. Como xa sabedes, este é o evanxelio máis antigo e máis breve. Escrito e dirixido para unha comunidade que vivía en Roma e de orixe pagá, Marcos céntrase en responder á seguinte pregunta: quen é Xesús, ese en quen din crer e seguir?

O texto de hoxe é un bo exemplo. Estamos con Xesús, de camiño por Galilea, ensinando nunha sinagoga, un sábado. Até o de aquí o que se podería pensar de alguén que nos vén falar de relixión, dun profeta.  Mais a mensaxe de Xesús non vai de palabras, senón de obras. O evanxeo de Marcos contén moi poucos discursos. Mesmo aquí, non se di nada do que fala Xesús. A súa mensaxe non ten nada que ver con tratados teolóxicos ou coñecementos elevados. A súa mensaxe, o Reino, é a súa persoa.

En que consiste a súa mensaxe, a súa novidade? Neste primeiro acto en público, Xesús cura un endemoniado, libera unha persoa dun Deus opresor (en palabras de Pagola). Iso é a súa predicación: o seu Reino fai libre ás persoas. Asombra a todo o mundo, porque observan que fala con autoridade, unha palabra que non nace dos seus coñecementos, senón da súa vivencia interior.

Es o Santo de Deus, confesa o posuído polo espírito inmundo, igual que fará Pedro noutro momento (Xn 6, 69). Ao Santo de Deus, ao Fillo do Home, a Cristo, non se lle coñece nin polos seus nomes nin polas súas palabras: é nas súas obras. E o seu seguimento son as súas obras, facer presente o Reino de Deus. Sermos cristiáns non vai de doutrinas nin de credos: vai de vida. E para isto, precisamos, coma Xesús, dunha fonda vivencia interior.

O ECO. PROPÓSITOS DE NOVO ANO 

Chegado xaneiro moitas persoas véñense arriba e fixan obxectivos, propósitos para o ano que vén de comezar. En 2018 farei exercicio, comerei mellor, deixarei de fumar, etc. Mais o paso de própositos a actos pérdese moitas veces no camiño, e chegados a principios de febreiro xa convertemos os obxectivos e meras intencións. Da palabra ao feito sempre hai un longo treito, e so uns poucos son quen de completalo.

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s