Editorial


Non é iso, é o Poder

As historias que emerxen e saen á luz en Hollywood sobre acosos, abusos e chantaxes sexuais de directores e produtores machos sobre mulleres, actrices de cine, que eles dirixiron ou produciron, acadan unha resonancia inigualable. Teñen, felizmente,  unha eficacia pedagóxica imposible de superar. Son o espello no que se mira a cultura actual e a modernidade en xeral, para comprobar con pasmo que non é tan moderna como se supoñía.

Cando un feixe doutras actrices, entre as que salienta a francesa Deneuve, din que non é para tanto, que se está caendo en puritanismo e que así se vai confundir todo e rematar coa galentería, desátase, con razón, un lío universal.

Pero non hai confusión posible. O que se denuncia non é galantería ningunha. Non é iso. É poder, poder animal en estado puro. En todo caso, habería que definir “galantería”.

Aparece agora ese tipo de manobra no mundo guapo, impoluto, o da xente perfecta, pero está aquí na porta, no mundo laboral máis noso.  Está ben que emerxa nese nivel, porque se fai visible, pero xa estaba aquí de vello, nas traballadoras da conserva, nas empregadas domésticas, nas oficinistas e, mesmo, nas empregadas públicas.

O caso “Baltar fillo” foi sintomático. Haberá quen diga que quedou en nada porque a xuíza Armesto tivo que sobreselo por non poder acreditar que Baltar Blanco se comunicase co xefe de persoal da Deputación para enchufar a muller que despois denunciou, nin que o seu pai -que daquela era aínda o presidente do organismo provincial- dese instrucións concretas para cumprir as promesas do fillo. Pero no auto da xuíza dise que se acredita que o daquela fillo do patrón provincial “solicita ou, cando menos, acepta un favor de natureza sexual” para facilitar aquel traballo á muller denunciante sen cumprir os requisitos legais. Non hai causa xudicial, pero debería haber causa política. Todo o mundo escoitou unhas gravacións que causaban vergoña.

Que oportunidade perderon as mulleres do PP galego para desmarcarse en público de semellantes practicas e adiantarse a Angelina Jolie, Meryl Streep e Gwyneth Paltrow.

 O acoso sexual laboral que agora emerxe en Hollywood xa estaba entre nós de vello

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s