A peneira


Asistimos á estrea de “MATRIA”, a curta de Álvaro Gago lembrando a Xosé da Flor, animador cultural e fundador de “M de MEIRA”. É un dos 66 filmes escollido entre nove mil para o Festival de cinema independente Sudance, o 18. Remarcamos o traballo da protagonista Francisca Iglesias.

Celebrámolo abrindo sete salas da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, onde o 20 é o III Encontro de Participación Cidadá, e recuperando os sinais da nosa historia en Rianxo, onde naceu Castelao (29 de xaneiro de 1886), na praza do seu primeiro mitin ou na Graneira do pai, que salvaron os veciños cando ía tirala abaixo un cacique.

Os calendarios, na foto o solidario de Raiolas, anuncian o 31 de xaneiro, unha SUPERLÚA, un 14% máis grande e un 30% máis relucente ca as lúas cheas que están preto do apoxeo. A órbita da lúa é elíptica, un lado (apoxeo) está a 50 000 km máis lonxe da Terra ca o outro (perixeo).

O 27 preséntase en Santiago a AJA –Galiza cun concertó–, exposición e foro sobre este creador que uneu os nosos pobos na loita pola liberdade, cantando «A Galiza nom fica no Minho! (http://aja.gal, www.facebook.com/ajagaliza/, twitter.com/aja_galiza

200 anos do nacemento de Carlos MARX, en Tréveris, a cidade na que mataran a Prisciliano (s. IV), 100 de Raimon PANIKKAR, ponte de diálogo entre Oriente e Occidente, ou MANDELA, o loitador contra as diferencias raciais. Un ano ateigado coa memoria de loitadoras/os contra a violencia.

Cadran os 25 anos do pasasamento de MONCHO VALCARCE, apaixoado valedor do noso pobo, cando se cumpre o centenario da Asemblea Nacionalista de Lugo convocada polas Irmandades da Fala, animando a unha federación con Portugal e a integrarse na Liga de nacións.

 O 27 empeza en Santiago a campaña para acadar apoio a un SERMOS Galiza, diario coa presentación do grupo impulsor, os cen primeiros suscriptores, un medio necesario para transmitir con fidelidade e paixón as arelas do noso pobo.

No 2018 imos contar coa primeira lei de PORTOS para regular os 122 que dependen da Xunta. Nun ano medrou neles o tráfico de mercancías un 1,4%. Cariño, Ribadeo, Cee… á cabeza. E na descarga de pesca fresca: Ribeira, Burela, Celeiro…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s