DOMINGO 31 DE DECEMBRO, FESTA DA SAGRADA FAMILIA


Domingo 31de decembro_festa sagrada familia.jpgA PALABRA. Lc 2, 22-40

Cando chegou o tempo da purificación, conforme a Lei de Moisés, levaron o neno a Xerusalén, para llo presentaren ao Señor (…). Vivía nese tempo en Xerusalén un home xusto e piadoso, chamado Simeón, que agardaba a restauración de Israel. O Espírito Santo, que estaba con el, tíñalle prometido que non había morrer sen ver o Unxido do Señor. Movido polo Espírito, foi ao templo, e, cando entraban os pais do neno Xesús para cumpriren o mandado pola Lei do Señor, el, colléndoo nos brazos, loou a Deus dicindo: «Agora podes, Señor, segundo a túa promesa, despedir en paz o teu servo, porque xa os meus ollos viron o teu Salvador, o que preparaches para todos os pobos: luz de revelación para os xentís e gloria do teu pobo Israel.» O pai e mais a nai do neno ficaron abraiados polo que tal dicía do neno. (…).

A CLAVE: Luz e salvación para o mundo. Carme Soto.

Dentro da peculiar presentación que fai Lucas do nacemento e infancia de Xesús temos este episodio no templo que, máis aló da historicidade, ten unha fonda mensaxe teolóxica. Por unha banda mostra o enraizamento de Xesús na comunidade xudía e por outra sinálao como quen cumpre as profecías mesiánicas nas que a salvación de Deus se universaliza e inclúe a todos os pobos da Terra. Esta mensaxe apóiase en tecido narrativo que que informa ademais, do modo concreto en que o mesías vai a encarnar a súa misión.

A historia conta que os pais de Xesús van o templo de Xerusalén para cumprir co ritual de incorporación de un neno no pobo de Israel (circuncisión) e coas ofrendas pola purificación necesaria que lle permite a nai poida recuperar o seu lugar na comunidade despois do parto (Lv 12, 1-8). Estes datos mostran como a relixión de Israel distingue por xénero o modo de pertenza o pobo e a dignidade ante Deus. As mulleres han de ser purificadas porque o sangue verquida no parto parece que as fai impuras ante Deus. Os varóns reciben, porén, a honra de seren os interlocutores validos para a relación con Señor a través da circuncisión, signo da incorporación plena o pobo de Deus.

A testemuña de Simeón e Ana explicita a comprensión cristiá do acontecemento salvador de Xesús. A presenza nas comunidades de xudeus e pagáns visibiliza a universalidade da salvación( Lc 2, 30-33) pero tamén o conflito cos grupos israelitas que non aceptan o mesianismo de Xesús (Lc 2, 34-35). Un mesianismo chamado a liberar dende todas a realidades da vida (Lc 2, 36-39).

O ECO: Procurar a Hannah no templo. Christina

Ana, o que significa Graza, casada 7 anos, viúva unha pila deles, vella, moito; idade exacta 84 anos, profetiza, evanxeliza non para a familia senón para todo o pobo. Alguén lembra as palabras do que foi a primeira predicadora do cristianismo, botando as campás a voar? Falou e glorificou a Deus para toda a xente -non a uns pouquiños- que agardaba a redención, a liberación, e fíxoo no templo de Xerusalén onde servía a Deus con xaxún e oracións.

Simeón…home xusto e piadoso, estado civil non se sabe, idade non importa, mais si o seu discurso habita as liturxias por séculos de séculos, profetizou para os íntimos. Pero miles de curas e frades e freiras repiten acotío a súa pregaria nas vésperas.

A disimetría entre o profeta masculino e a feminina é tan evidente…

Cando vaias ao templo, procura a Hannah, pescuda por ese lugar onde a teñen pechada porque ela sabe, sabe, que non valen compartimentos e categorías asasinas da liberdade. Abre ben os ollos e os ouvidos, non vaia ser que ela fale e che lembre que todo o que hai, todo o ben que existe e que está por vir,  é para toda a humanidade, é para ti.  Sabe que as palabras fan cativa a Palabra, se non a matan. Hai que afiar o ouvido para escoitar á Senpalabras.

O seu discurso non quedou estampado en fórmula que recitar, quen sabe se por ser tan vasto como o mar océano. Resoa coma unha nota infinita no meu interior, distinto, modulado, pronunciado a medida, tan igual e tan diverso como as ondas que rompen na praia, universal:  son libre, somos libres e a Graza está connosco a vulto e por menor, sempre… a Graza anda en cueiros e ule a pan fresco e herbas do monte e mar aberto… será este o arrecendo da túa palabra, Deus Graza. Fai algo porque eu non o esqueza, por favor.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s