Peneira


Noticia 2

A Xunta proclama que co remate do ano pon fin ás tarefas de rexeneración do MONTE queimado, pero  o proceso é moi lento, porque debido á erosión, un centimetro de solo tarda 200 anos en rexerarse.

O 30, homenaxe a Xosé da Flor en Meira coas actividades que el practicaba: BILLARDA, fútbol, cine… Varias asociacións van falar do seu compromiso a prol da cultura. E a 6ª Copa de Reis do fútbol Gaélico en Sarria

Noticia 4

A Casa das Insuas de Rábade convídanos a levar os nenos, o 26, 27, 28 e 29 de 10:00 a 13:30 h. ás  mañás lúdicas do  “BOSQUE DE NADAL”, relacionadas coa natureza Máis información en custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 626 420 766

Ano novo, novas teimas, e comezamos animando aos colectivos e cidadáns a apoiar a presentación da candidatura de “Ponte… NAS ONDAS” á lista das mellores practicas co Patrimonio Cultural Inmaterial galego e portugués da Unesco polas administracións de Portugal e España. Para máis información: ondas@pontenasondas.org

Despois de 5 anos volve a montarse “Viveiro ANTE O BERCE” nos arredores da Praza de Santa María do Campo e na Praza Maior, formado por oficios e os personaxes propios en figuras de cartón-pedra a tamaño real que compoñen esta célebre representación ata o día 13..

 No 2016 NACIONALIZÁRONSE en Galiza 3948 estranxeiros; un de cada dez xa nacera en territorio español case todos de orixe africana. As  procedencias maioritarias son da República Dominicana, Colombia, Brasil, e  Marrocos… É Vigo onde conviven máis. Son 30.800 os traballadores de fóra en Galiza, 8700 menos ca fai 9 anos.

“MATRIA”, a curtametraxe de Álvaro Gago, foi un dos 66 filmes escollido entre os nove mil presentados ao Festival de cinema independente Sudance que principia o 18. Cómpre remarcar o traballo da protagonista Francisca Iglesias e as súas colegas que están a estrearse nesta arte.

Principiamos o ano, o 1, e rematamos xaneiro , o 31, con SUPERLÚAS, un 14% máis grandes e un 30% máis brillantes cas lúas cheas que están preto do apoxeo porque a órbita da lúa é elíptica, un lado (apoxeo) está a 50.000 km máis lonxe da Terra co outro (perixeo).

Advertisements
Estas entrada foi publicada en A Peneira coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s