Rumores


Rumores

Pois no anterior número falaba de integración e da loita de certas persoas para conseguir unha normalidade que antes se chamaba “anormalidade” ou “subnormalidade”. Parece que durante esta quincena fun atopando pequenas novas que facían referencia a esta loita tan xusta na que os protagonistas son os propios beneficiarios. Por exemplo, a asociación ASPAS cumpre estes días 50 anos. Son moitos anos marcando o camiño. Tamén estes días celebrouse a gala de fin de ano de Special Olimpics. Unha xeira de competicións deportivas nas que participa xente con limitación intelectual ao longo do ano. Un pretexto para facer deporte e pasalo ben entre eles. Unha actividade que move moita xente e moito voluntariado.

Cando chegue este número ás vosas mans, estaremos enleados coas uvas e a despedida do ano. Toda unha oportunidade para avaliar o ano e, sobre todo, descubrir todo o bo que trouxo. De seguro que foi así. Que teñades un bo ano cheo de rumores e berros de esperanza. E oxalá que aquela xente que máis o precise teña un ano cargado de boas novas. De quen depende? De nós.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: