Política: 2018


Finaliza 2017, un ano que pasará á nosa historia persoal como aquel no que os nacionalistas nos tivemos que enfrontar ás nosas contradicións, que existen, como en toda ideoloxía que se pretende liberadora.

Da mesma forma que a esquerda se viu obrigada a conxugar a liberdade, e o liberalismo a comungar coa igualdade, o nacionalismo periférico require un diálogo co seu adversario, o nacionalismo do centro. Somos ideoloxías parciais, igual que as relixións son visións parciais do Misterio. Necesítanse. Non se exclúen.., salvo que nos empeñemos, claro.

Os nacionalistas galegos podemos conxugar España? España pode declinarse tamén en galego? Sigo considerando enormemente atractivo un país con tantas e tan diversas culturas que diariamente mostran a súa incapacidade para escoitarse, pero que seguen aí. Pero, se por un momento aparcamos o ciclón político que nos excita, sorprende a capacidade creativa dos *lugareños ibéricos, e láiome por non tecer máis vínculos cos veciños do sur, cos que nos poderiamos levar igual de ben ca cos do próximo leste.

2018 terá como reto convivir en cidades máis humanizadas, onde os pais poidan ver xogar aos seus fillos sen temer que ao dobraren as esquinas aparezan coches revolucionados.

2018 terá como reto mellorar a calidade dos nosos ríos e da nosa auga e evitar que cidades relativamente pouco poboadas, aínda que os seus habitantes pensen o contrario, sufran o ridículo (e o desastre) de quedaren desabastecidas de auga.

2018 terá como reto facilitar aos novos pais a crianza dos seus fillos as vinte e catro horas do día. E se non pode ser tanto, polo menos a das horas nas que teñen que traballar.

2018 terá tamén como reto que o sexo sexa algo que una as persoas e non as animalice. Demasiadas vítimas. Demasiadas relacións enfermas.

2018 terá como reto que os mozos descubran que viven na época histórica con máis recursos dispoñibles para a súa formación. Pero que esta é imposible sen a súa complicidade na tarefa.

2018 terá como reto que empecemos a distinguir as fontes de información contrastada das trolas de opinión.

2018 terá como reto tamén procurar momentos para escoitar máis música, ler máis libros, ver máis películas, asistir a máis funcións teatrais, en definitiva, gozar das ideas, da imaxinación e da paixón doutros seres humanos.

E todos os días de 2018 terán como reto facernos erguer as cabezas e levantar un chisco os ollos do chan para ver, ou imaxinar, un día fermoso.

Pedro Pedrouzo Devesa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s