O fachineiro do clasismo.  Abismos sociais


Neste mesmo número de Irimia podemos ler unha entrevista cunha muller exemplo de solidariedade e confianza nos demais. Afortunadamente exemplos destes hai moitos, pero que ninguén os busque nas novas do xornal nin na listaxe da Real Orde de Isabel a Católica. Aínda que deberían. O exordio vén a conto porque á señora de don Francisco Vázquez, ex alcalde da Coruña e ex embaixador no Vaticano concedéronlle a tal Real Orde. Esta distinción, disque, premia “comportamentos extraordinarios de carácter civil que redunden en beneficio da nación (española). E dirá o lector e a lectora menos informado: e cales foron os “méritos extraordinarios”? Pois promover a reforma do palacete da residencia do embaixador, que seica é a casa de todos, pero que casualmente era do seu home naquela altura. Para iso convenceu a Amancio para apoquinar a calderilla que levaba no peto nese momento (millón e medio de euros) e o demais puxémolo nós. Ao principio a noticia pareceulle a este fachineiro vomitivamente indignante; despois pensou que, vale, que mentres a xente da estratosfera se ande untando o carro uns aos outros non nos quitan o fígado aos demais. Pero ao final decidín dar o premio por bo, porque nunca se sabe, se imos a Roma xa sabemos onde temos casa.

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s