Trasno: Plumeiros, bastos e caspa


Saia o que saia en Catalunya a cuestión vai seguir aberta. Cando este número chegue ás casas xa se saberá das eleccións. Hai quen quere pasar páxina como se non pasase nada. Será porque un vaso é un vaso, un prato é un prato e unha constitución é unha constitución. Complicacións, as xustas.

Pero si que pasaron cousas. O procés mobilizou cívica e pacificamente millóns de persoas (coma eses 10000 músicos da foto), por máis que caese en présas, erros e desamores. Pero por moito que se mire e remire é difícil manter que houbo tanto crime como para xustificar esas prisións sen xuízo, que son unha medida extrema e brutal. Máis aínda con eleccións de por medio.

https://ep01.epimg.net/cat/imagenes/2017/12/03/cultura/1512314471_448156_1512314594_noticia_normal.jpg

A desmesura fala dun réxime. É coma coas persoas. A temperanza e a serenidade, a empatía e a querenza polo reencontro falan de solidez, de seguridade interior, de equilibrio. Pero a arroutada, a lerchez, e o chupa esa, falan de inseguridade, do complexo, da ferida autoritaria. Seica era Churchill o que dixo aquilo de que “democracia é que chamen á porta de mañanciña e sexa o leiteiro”. Democracia tamén é que fagas cinco manifestacións multitudinarias totalmente pacíficas e que non te metan no trullo porque na sexta houbo incidentes.

Non, isto non é o de Franco. Madía leva. É un insulto á intelixencia, ao sufrimento de moita xente boa e xenerosa e á m,,emoria de Alexandre Bóveda e demais paseados e represaliadas. Pero non podemos conformarnos cunha democracia acomplexada, con tics autoritarios e perrenchas adolescentes.

Unha manifestación non é un tumulto, señor xuíz. Ningunha idea é delito. Se busca violencia, se cadra, está enganándose de lado. E acaban de perder vostedes unha magnífica oportunidade de demostrar que esta xustiza, en contra de fundamentadas opinións críticas de expertos na materia, non está politizada, isto é, “tocada” por ese mal de raíz de que os postos nas instancias xudiciais superiores se repartan por cotas de afinidade cos grandes partidos “constitucionalistas”.

Aí é onde doe a desmesura, porque reforza a sospeita. Porque remite a esa eiva “fundacional” da constitución do 78. Si, foi un consenso difícil e necesario. Para desatascar sen sangue. Pero non houbo corte limpo. Nada parecido a Alemaña, Italia ou Portugal; as institucións non naceron novas do trinque. E aquí e acolá, véselles o plumeiro uninacionalista, e por iso pintan bastos e por iso a caspa resucita.

Daniel López Muñoz

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s