Política: A día de hoxe


A día de hoxe, calquera home, por moi seguro de si mesmo que se sinta ou por moi ausente que pretenda estar, vai ser interpelado, directamente e miles de veces, por moitas das mulleres coas que se cruce na súa vida. Serán interpelacións aparentemente triviais e ordinarias, en moitas ocasións, pero sempre radicalmente dirixidas a cuestionar ou pór en solfa o seu rol de xénero, no que foi educado e culturalmente concebido e amaestrado. Esta tan repetida interpelación, pertúrbanos aos homes,  desazónanos e adoitamos responder fuxindo ou evadíndonos dela, no mellor dos casos, ou rexeitándoa con diversas formas e graos de violencia, no peor. Violencia sempre de carácter reaccionario, posto que a interpelación ven ser unha proposta revolucionaria que rexeitamos. Como individuos, isto os homes debeberíamos facérnolo mirar.

Política

A día de hoxe, o tan heteroxéneo e plural movimento feminista é unha corrente política e cultural, de pensamento e de acción que, en todo o mundo e con fórmulas moi diversas e novas, está desencadeando un proceso auténticamente revolucionario que aspira a unha transformación profunda e radical da convivencia política, económica e cultural da sociedade e que vai moito máis alá desta ou daquela toma do poder puntual. É unha revolución que non precisa da toma de Bastilla ningunha ou de calquera Pazo de Inverno, nun día dado, senon que discurre polo sistema nervioso do corpo social removendo a súa mesma identidade cultural, labrada na historia polo patriarcado.

A día de hoxe, de sinalar os tres primeiros grandes problemas da humanidade, que afectan directamente a todos, eu diría que son o da conservación e sostibilidade do planeta, o problema da crecente desigualdade e da conculcación dos dereitos humanos e o dominio e a hexemonía do capitalismo neoliberal, especulador e improductivo, que corrompe a política e extrema a explotación de seres humanos e a miseria de millóns de persoas. Pois ben, aquí habería que recuperar as lúcidas e premonitorias palabras da grande feminista soviética, Alekxandra Kolontái, que lles espetou aos seus camaradas: “A revolución non poderá realizarse ata que non se resolva a cuestión feminina”. Así foi.

A día de hoxe, efectivamente, os problemas cardinais da humanidade nin sequera poden abordarse, con algunha perspectiva de éxito, ata que non callen na humanidade as ideas, principios e valores que impulsa a revolución feminista.

A día de hoxe, esta revolución parece a única esperanza.

Carlos Vázquez G.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s