Rumores: Lembro a situación coma se fose hoxe pero pasaron uns cantos anos


Rumores

De feito, eu debía de ter uns dez. Estaba no comedor da casa á hora do xantar. O meu pai, con cara abatida, conta que os veciños de tal casa tiveran unha gran desgraza, xa que resultaba que o pequecho era “subnormal”. Lembro a palabra que resoou nos meus oídos durante días. Un neno subnormal. Logo souben que a palabra eufemística podería ser anormal e que esa enfermidade chamábase síndrome de Down.

Pasaron os anos e volvín saber desa familia e dese neno que, igual ca min, medrou. Xa non é un neno. É un home feito e dereito. E fai a súa vida e traballa repoñendo mercadoría nun supermercado e atendendo nas liñas dos produtos a quen lle pregunta. Disque é eficiente e traballador e que o seu traballo é fixo.

Moito cambiamos en moitas cousas. Unha delas é a consideración sobre o que antes era subnormal, que agora está comezando a integrarse con absoluta normalidade. Nas nosas escolas é normal que haxa raparigos e raparigas con outras capacidades e outras destrezas.

Estamos en Advento. Tempo de esperanza onde o neno Xesús chega silandeiro coma un rumor. Como as grandes transformacións da nosa sociedade. Vivamos con diferenza a normalidade. E se no noso Belén este ano poñemos un anxo con síndrome de Down? E se un dos pastorciños é autista? E se o neno é unha nena? E se os camelos son…? Para, Xan, que te embalas!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s