O fachineiro do fascismo:  Rajoy fai que non sabe


Fachineiro

Hai uns días Rajoy dixo a bordo dun buque militar que non sabía por que lle quitaran o nome de Salvador Moreno á rúa na que vivira de novo. Calquera pode ir á Galipedia para comprobar como este individuo se adheriu con entusiasmo ao golpe franquista, como foi premiado co Ministerio da Mariña polo ditador e logo ascendido a almirante. O tal suxeito deulle tamén nome a un instituto de Marín ata hai poucos anos. Rajoy ben sabe, pero o que está dicindo é que non só non lle importa, senón que os fascistas deberan seguir sendo recoñecidos e non esquecidos ao abeiro da Lei de memoria histórica a que el decidiu non dedicar nin un céntimo. Postos a escoller mariño, na propia Pontevedra está enterrado Paio Gómez Chariño, almirante de mar de Afonso X, quen polo menos soubo facer cantigas. Agora que as repúblicas son trending topic, quizais haxa xente que non saiba que a Illa de Arousa se declarou república independente no ano 1934. Nunha taberna repartiuse a presidencia e os ministerios. A república arousá durou un día, o tempo que tardaron en enviar desde Marín un buque con gardas de asalto para acabar coa sedición. A cousa acabou en traxedia, porque no 36 os ministros da república arousá foron fusilados e o presidente, ademais, fondeado no mar con pedras na barriga. Para que Rajoy saiba e non esqueza estaría ben regalarlle o libro Seique, de Susana Sánchez Aríns.

A.Q.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s